Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Fórmula 1 > Noticias > Actualidade
Primeira liña de grella para Ferrari en Magny Cours

Copy Ferrari

Os pilotos da escudaría italiana dominaron por completo a sesión de clasificación do Grande Premio de Francia e conseguiron as dúas primeiras posicións da grella de cara á carreira do domingo. Räikkönen foi primeiro e Massa segundo, deixando en terceira posición a Fernando Alonso. Trulli sairá dende a cuarta posición e Kovalainen dende a quinta. Hamilton partirá décimo terceiro pola sanción que arrastra do pasado GP de Canadá.

Kimi Räikkönen e Felipe Massa compartirán a primeira liña da grella de saída do Grande Premio de Francia. O finlandés mostrou un rendemento moi superior ao de todos os seus rivais, o que lle serviu para facerse coa pole position. O brasileiro Massa non foi capaz de superar a “Aceman” e terá que conformarse con escoltar ao seu compañeiro na primeira fila da grella.

Lewis Hamilton realizou o terceiro mellor tempo, pero perde dez postos pola penalización recibida no Grande Premio de Canadá tras embestir a Räikkönen. Esta situación beneficiou a Fernando Alonso que sairá en terceira posición tras confirmar o bo rendemento do seu R28 mostrado no primeiro día de competición. O asturiano terá na carreira do domingo unha proba de lume para medir as súas verdadeiras posibilidades de éxito durante o resto da tempada.

O piloto de Toyota Jarno Trulli acompañará na segunda liña da grella á súa ex - compañeiro e amigo Fernando Alonso. O italiano, puxo de manifesto unha vez mais, que é un gran especialista en clasificación, pero é de esperar que o seu rendemento en carreira sexa algo peor. Kovalainen sae en quinto lugar e non debería tardar moitas voltas en superar ao veterano piloto transalpino, xa que o seu McLaren é moi superior ao Toyota de Trulli.

A grella para o Grande Premio de Francia queda conformada:

1. Kimi Räikkönen (Ferrari)

2. Felipe Massa (Ferrari)

3. Fernando Alonso (Renault)

4. Jarno Trulli (Toyota)

5. Heikki Kovalainen (Mclaren-Mercedes)

6. Robert Kubica (BMW Sauber)

7. Mark Webber (Red Bull)

8. David Coulthard (Red Bull)

9. Timo Glock (Toyota)

10. Nelson Piquet Jr. (Renault)

11. Nick Heidfeld (BMW Sauber)

12. Sebastian Vettel (Toro Rosso)

13. Lewis Hamilton (McLaren-Mercedes)

14. Sebastien Bourdais (Toro Rosso)

15. Kazuki Nakajima (Williams)

16. Jenson Button (Honda)

17. Rubens Barrichello (Honda)

18. Giancarlo Fisichella (Force-India)

19. Adrian Sutil (Force-India)

20. Nico Rosberg (Williams)

21/06/2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.