Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade

Actualidad

A choiva caída non puxo as cousas fáciles aos pilotos e equipos desprazados até o sur de España para disputar o último adestramento de 2008. Ás 10 da mañá e a pesar da presenza do sol e da ausencia de nubes, os pouco máis de 5º C que marcaban os termómetros non axudaban precisamente a que a pista secase. A mañá transcorreu cos pilotos nos seus respectivos boxes, pendentes do asfalto, que lentamente foi secando.
O Circuíto de Xerez foi testemuña da primeira das dúas xornadas de adestramentos privados que porán punto final ao 2008. O 27 será o último día do presente ano en que os pilotos de MotoGP se suban ás súas motos, antes da obrigatoria pausa invernal. O Repsol Honda Team non regresará á actividade até o mes de febreiro de 2009.
Esta semana a maioría dos pilotos e dos equipos oficiais de MotoGP achegaranse ao trazado español para levar a cabo dúas novas xornadas de adestramentos. Estas probas, enmarcadas dentro da pretempada oficial de 2009, serán a última cita do ano. Os pilotos Repsol Dani Pedrosa e Andrea Dovizioso non se perderán a ocasión de continuar traballando de cara á próxima tempada.
Dorna Sports, empresa organizadora do Mundial de motociclismo, quere aumentar o espectáculo e a competitividade nas carreiras da categoría raíña. Despois de aprobar o mundial “monomarca” para a próxima tempada, a organización estuda agora limitar as axudas electrónicas, algo que beneficiaría á competición e faría que a calidade de pilotaxe primase nas carreiras.
Valentino Rossi sinalou a Dani Pedrosa como un dos seus principais rivais de cara á tempada do ano que vén, na que o italiano pretende volver coroarse como campión do Mundo. Unha difícil tarefa na que terá moitos inimigos. Entre eles, o piloto Repsol, para o que o italiano tivo palabras de eloxio.

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.