Pilotos motociclismo, fotos, novas, campionatos... - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Competición Motociclismo

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Dani Pedrosa estrea blog en repsolypf.com

Copy Repsol YPF

O piloto do Repsol Honda Team Dani Pedrosa estreou hoxe o seu blog persoal na web repsolypf.com. Coa nova tempada xa en marcha e tras a espectacular carreira de Qatar, na que Pedrosa logrou subir ao podio, o novo piloto español relatará en primeira persoa as súas sensacións todos os luns desta tempada 2008. Os afeccionados ao Mundial de MotoGP teñen así unha oportunidade única de achegarse ao seu piloto favorito e coñecer as súas impresións de primeira man.

Co Grande Premio de Xerez ao virar a esquina, ninguén mellor que Dani para explicar os segredos do box, as sensacións que lle vai transmitindo a Honda RC212V, as súas expectativas para cada GP e as súas reflexións logo da carreira. E desde logo, para o afeccionado, ninguén mellor que Dani para contarllo todo en primeira persoa.

Este blog súmase ao espazo que xa dende a tempada pasada veñen a protagonizar, tamén en repsolypf.com, Jordi Prades e David Gutiérrez, mecánicos de Dani Pedrosa e Nicky Hayden, respectivamente. Ambos continuarán esta tempada ofrecendo aos seguidores do Repsol Honda Team tódolos detalles de como se prepara cada carreira dende dentro do box.

Blog de Dani Pedrosa: 
http://www.repsolypf.com/es_gl/competicion/motociclismo/blogs/blog_pedrosa.aspx

Blog de Jordi Prades y David Gutiérrez:
http://www.repsolypf.com/es_gl/competicion/motociclismo/los_secretos_del_box/blog.aspx


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.