Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Hayden exhíbese en Indianápolis

Copy Repsol YPF

O piloto estadounidense brindou esta fin de semana aos espectadores das 500 Millas de Indianápolis un adianto do que poderán ver en setembro cando o mítico circuíto albergue un GP do Mundial de MotoGP. Diante de 250.000 espectadores Hayden realizou unha volta de exhibición antes da popular competición e foi recibido como un auténtico heroe pola afección.

Nicky Hayden foi o último estadounidense en proclamarse campión do Mundo de MotoGP (logrouno no ano 2006), e como tal converteuse no abandeirado deste deporte no seu país. A principios de abril, o piloto Repsol foi o encargado de realizar a primeira volta ao novo trazado de Indianápolis. Esta vez o campión foi reclamado para realizar unha exhibición ante unha das probas deportivas máis multitudinarias do mundo.

A lombos da súa Repsol Honda de 800cc, Hayden completou unha volta ao trazado facendo gozar aos seus. O estadounidense mostrouse, ademais, moi ilusionado coa proba que se disputará nese mesmo trazado o próximo 14 de setembro, a tan só tres horas en coche da súa cidade natal, Owensboro, en Kentucky.

O piloto cualificou de “fantástico” tanto o poder dar unha volta ao circuíto antes das 500 Millas de Indianápolis, como o poder “mostrar aos afeccionados o que é MotoGP”. Era a primeira vez na súa vida que acudía a este evento e Hayden acabou encantando. “Só espero que algúns dos afeccionados que me viron hoxe sobre a moto volvan en setembro. Promete ser un evento fantástico!”, expresou.

> Zona Hayden

Participa no Desafío Repsol!

Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Circuíto de Indianápolis
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
Así está o Mundial

27/05/2008

Últimas noticias

> Okada probará en Mugello o novo motor de Honda
> “Dedico tots els meus somnis a aconseguir que els nostres pilots puguin guanyar”


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.