Pilotos motociclismo, fotos, novas, campionatos... - repsolypf.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Competición Motociclismo

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Xerez, unha cita emblemática

Copy Repsol YPF

Tras un inicio atípico do mundial de motociclismo, a competición enfróntase a tres semanas de parón antes de afrontar unha das citas máis importantes do calendario: o circuíto de Xerez, unha proba carismática dentro e fóra da pista. O espectáculo está asegurado e é que Stoner terá que verse as caras con Pedrosa, que corre en casa e con Rossi, un auténtico especialista no trazado andaluz.

O de Xerez é un dos circuítos máis emblemáticos do Mundial que vive, cada tempada, un ambiente incríbel e é que pode chegar a albergar ata 100.000 afeccionados. Dende que se consruiu no ano 1986, este trazado albergou tamén probas de Fórmula 1. Con todo, motociclismo e Xerez sempre foron da man e foi a sede do Grande Premio de España dende 1987. 

Este é un circuíto moi diferente ao de Losail. Xerez presenta un trazado máis esixente no que é difícil aproveitar toda a potencia das motos e os pilotos deberán mostrar tamén a súa destreza no uso dos freos. Tamén destacan algúns dos cambios de dirección do percorrido, pola súa dificultade e a súa rapidez. 

A priori, o piloto de Repsol Honda, Dani Pedrosa, parte como uns dos favoritos para facerse coa vitoria do circuíto. Con todo, non o terá fácil, xa que o italiano Valentino Rossi ten a marca en Xerez. Ata sete veces gañou O Doutor no GP de España. 

18/03/2008

Últimas noticias

A primeira proba nocturna deixa bo sabor de boca 
Dani Pedrosa estrea blog en repsolypf.com



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.