O pasado 9 de marzo o mundial de MotoGP arrincou dende Qatar cunha novidade: o primeiro Grande Premio da tempada disputouse en horario nocturno, todo un reto para a organización xa que se trataba do primeiro da historia deste deporte. Agora é o momento de facer balance da proba e valorar a posibilidade de repetir a experiencia nas próximas tempadas.
Carmelo Ezpeleta, conselleiro delgado de Dorna Sports, a empresa que xestiona o Campionato do Mundo de Motociclismo, realizou un balance positivo do Grande Premio de Qatar e mostrou a súa satisfacción porque a competición apostase por celebrar un grande premio nocturno, unha medida que cualificou de “innovadora”.
Ezpeleta recoñeceu que cando se tomou esta decisión a principal preocupación foi “tomar tódalas medidas posíbeis para que fose seguro”. O conselleiro fixo un repaso pola historia desta iniciativa, recordando que a organización do circuíto de Losail e Musco presentaron o proxecto dunha carreira nocturna a Dorna Sports en setembro de 2007 e dous meses despois realizáronse as primeiras probas.
Nese sentido, Carmelo Ezpeleta, encomiou o traballo realizado polos organizadores deste Grande Premio entre novembro e marzo para que todo estivese a punto para o inicio do Mundial. Finalmente, todo saíu perfecto, e segundo as palabras do conselleiro delegado de Dorna Sports, “este foi un bo paso para MotoGP”.
17/03/2008
Últimas noticias
> Dani Pedrosa estrea blog en repsolypf.com
> Pedrosa, principal rival de Stoner segundo a prensa internacional
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.