Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Lorenzo ten os dous nocellos rotos

Copy Yamaha

As lesións de Jorge Lorenzo son máis graves do que parecían. Arriscar no Gran Premio de China pódelle custar caro ao piloto que decidiu tomar a saída no circuíto de Xangai o pasado domingo a pesar da aparatosa caída que sufriu nos adestramentos das xornadas previas. As probas médicas realizadas en España á volta de China revelan que o español ten os dous nocellos rotos.

Nada máis aterrar en España Jorge Lorenzo foi trasladado ao Instituto Universitario Dexeus, onde foi sometido a unha revisión polo doutor Xavier Mir. A resonancia magnética en ambos os nocellos confirmou os peores presaxios: fractura do astrágalo do nocello dereito e rotura do ligamento lateral interno do esquerdo. A única nota positiva é que o óso astrágalo non presenta desprazamento, algo que complicaría máis a recuperación.

Debido a estas lesións a inmobilización de ambos os nocellos é obrigatoria: ríxida no dereito e elástica no esquerdo. É dicir, Jorge Lorenzo non poderá apoiar os pés no chan nos próximos días, algo o terá apartado non só das motos senón, probablemente, doutro tipo de compromisos como a visita ao Salón da Moto de Barcelona, MotoOh!.

O doutor Mir non quixo entrar a realizar unha valoración definitiva das lesións ata a próxima semana, cando se lle volverá a realizar unha nova exploración. Por iso, a estas alturas e a falta de dúas semanas para a celebración da próxima proba do campionato de MotoGP, é difícil prever se Lorenzo poderá tomar parte no Gran Premio de Francia.

06/05/2008

Últimas noticias

> "O que marca a diferenza entre un campión do mundo e o resto é a súa fortaleza mental”
> KTM taldeak garaipen bikoitza lortu du 250cc-tan


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.