Os pilotos Repsol, ante o reto de correr en casa - repsol.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Competición Motociclismo

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Os pilotos Repsol, ante o reto de correr en casa

Copy Repsol YPF

Logo da primeira cita do ano en Qatar a principios de marzo, o Mundial de Motociclismo 2008 aterra en Europa e faino nun dos trazados con máis carisma do calendario. Esta fin de semana, no Circuíto de Xerez, a emoción, o colorido e a festa da afección española están asegurados con motivo do Grande Premio de España. Alí non faltarán os pilotos Repsol, que ante o grande reto de correr en casa, afrontan con optimismo esta cita tan especial.


Trala grande carreira de Dani Pedrosa en Qatar, o piloto do Repsol Honda Team regresará á acción xa plenamente recuperado da súa lesión na man dereita. Estas dúas semanas e media que tivo para descansar permitíronlle recuperarse relaxadamente e prepararse a conciencia para a cita de España. A pesares de que aínda resta moito traballo por completar no seo do Repsol Honda Team para obter o máximo potencial da Honda RC212V 2008, o podio de Qatar demostrou que a base da nova moto é boa e que coa evolución necesaria pode chegar a ser moi competitiva.

Para Nicky Hayden, afortunadamente Qatar quedou xa no esquecemento e agora afronta con optimismo este novo reto. Ademais de ser unha pista moi do seu agrado, o norteamericano goza competindo no Grande Premio de España polo ambiente que alí se vive, e porque sempre se sentiu moi arroupado pola afección española. A pesares de que os test invernais realizados no mes de febreiro polo Repsol Honda Team no trazado gaditano non foron especialmente ben, Xerez é un trazado no que ambos os pilotos sempre foron competitivos.

Nas dúas categorías inferiores, cita importante para os pilotos Repsol. Julián Simón foi un dos pilotos destacados nos ensaios invernais coa súa nova KTM 250 FFR, e tanto Esteve Rabat como Marc Márquez esperan impacientes que chegue esta fin de semana para conseguir os resultados que non chegaron en Qatar. No caso do xoven Marc Márquez, lesionado nos adestramentos invernais no mesmo escenario onde se celebrará esta fin de semana o Grande Premio de España, a recuperación do seu brazo dereito lesionado na caída desenvolveuse correctamente e o vindeiro venres verá se está en condicións de participar na segunda cita da tempada 2008.

Dani Pedrosa
“Adrestei dende a carreira de Qatar para recuperar toda a forza e poder ir a Xerez coa miña man dereita ao cento por cento. É unha carreira moi importante para min e sempre me gusta correr alí. O que máis me gusta de correr en Xerez é o gran ambiente e a enorme afección que hai alí. Competir en casa é moi especial, xa que se sente moito a presenza do público, e en curvas como Neto e Peluqui os afeccionados están realmente preto. Con todo o balbordo que teñen alí montado, sempre os ves. Pero que haxa tanta xente tamén ten a súa contrapartida, e é que non se pode ir tranquilo polo paddock e é máis difícil traballar. É un circuíto do que me gusta todo en xeral. Quizais a curva “Sito Pons” sexa a máis bonita de todas. A última parte é a máis importante para conseguir facer un bo tempo. As dúas últimas curvas rápidas de dereitas antes da de entrada en meta, son importantes. Conta cunha boa seguridade, aínda que hai algún punto que quizais debería mellorar un pouco, pero en xeral é bastante boa. Ten algunhas fochancas, pero non demasiadas, e un bo asfalto que ofrece un bo “grip”. Neste circuíto non importa demasiado a velocidade punta, pero si require un motor que non castigue os pneumáticos, e mais que todo un chasis que estea moi equilibrado para freadas fortes e curvas lentas e rápidas. É un circuíto que require unha condución bastante agresiva.”

Nicky Hayden
“En Qatar non tivemos unha fin de semana demasiado boa, pero traballaremos moito para mellorar en Xerez. A nosa moto debería funcionar ben alí, e en anos anteriores os pneumáticos Michelin traballaron moi ben. Coido que é unha pista moi interesante, e non é un circuíto no que prime a velocidade punta. Gústame este circuíto, porque mantén unha coherencia en tódalas seccións, sendo completo e equilibrado. O ambiente é xenial, e cando o domingo entras na zona do estadio, nas curvas Neto e Peluqui, é algo salvaxe. Hoxe en día pódese deseñar un circuíto nun computador, podes facer o que queiras, usar tódolos trucos que poidas imaxinar ou atopar nos libros, pero se o propio sitio non conta con ese ambiente, non hai diñeiro que valla. Aínda que algún circuíto regalase as entradas, non se conseguiría o ambiente de Xerez, é sinxelamente salvaxe, e é o que o fai tan bo. Dende o punto de vista da pilotaxe, é moi importante ter un bo agarre lateral para afrontar as súas curvas longas, así como unha moto que che permita ser preciso nelas. É un bo circuíto, un dos meus favoritos, pero é o ambiente o que realmente marca a diferenza; se un non estivo alí, ten que velo.”

Julián Simón
“Xerez é un circuíto moi especial para todos os pilotos españois. No meu caso tamén é así, e ademais é un circuíto que me gusta moito. Coa nova moto, nos tests invernais, fomos bastante ben e puidemos rodar en tempos competitivos. Estou desexando chegar alí para facer unha boa carreira. Creo que alí, con todo o apoio da afección, poderemos facer un bo Grande Premio.”

Esteve Rabat
“Por fin chegamos a Xerez, e a verdade é que teño moitas ganas despois da decepción de Qatar. Procuraremos seguir mellorando, saír da fochanca que estou pasando, e se se pode, intentar acabar nas posicións dianteiras. Alí terémolo moi ben, xa que rodamos en casa, é un dos meus circuítos preferidos e o público español seguro que me estará apoiando para conseguir estar nas posicións dianteiras.”

Marc Márquez
“Despois de ver a carreira de Qatar pola televisión, finalmente chegou o Grande Premio de España. Dende a miña caída e despois de que me operasen, estiven traballando duro para recuperarme da lesión no meu brazo dereito. Estou moito mellor, a recuperación foi segundo o previsto, e eu teño moitas ganas de regresar á actividade. Veremos en Xerez este venres como me sinto encima a moto e se estou totalmente en condicións de competir a fin de semana.”



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.