Os pilotos Repsol, preparados para Le Mans - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Competición Motociclismo

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Os pilotos Repsol, preparados para Le Mans

Copy Repsol YPF

O campionato de MotoGP regresa a Europa para dar inicio a un longo período que se inaugura en Le Mans. Desde o próximo fin de semana e ata mediados de xullo, o Mundial de motociclismo disputará un total de seis carreiras no vello continente que serán decisivas para o devir do campionato. Os pilotos Repsol, Dani Pedrosa e Nicky Hayden, miran ao podio deste Gran Premio de Francia.

O español lidera a clasificación do Mundial e vencer en Francia permitiríalle ampliar a distancia respecto dos seus perseguidores. Pedrosa realizou un gran inicio de tempada, sen baixarse do podio: vitoria en Xerez, dous segundos postos en Estoril e en Shangai e unha terceira posición en Qatar.

O líder do Mundial recoñece que espera con ganas que chegue xa o Gran Premio de Francia, unha cita para a que tanto el como o seu equipo están “traballando duro”, explica. “Esta é a quinta carreira do ano e é tamén o inicio dunha parte da tempada con sete Grandes Premios en dez semanas”, subliña, algo que sen dúbida, marcará o signo do Mundial.

Pola súa banda, Hayden aspira a conseguir en Le Mans o seu primeiro podio da tempada, algo que a pesar de estar cerca en varias ocasións, resistíuselle no que vai de ano. O que fora campión do Mundo de MotoGP en 2006 quere lograr o seu primeiro éxito do 2008 en Le Mans, un circuíto no que, segundo explica, é necesaria unha boa aceleración do motor e onde o asfalto pode ser bastante esvaradío ademais de chegar a sufrir moi altas temperaturas.

> Circuíto de Le Mans

Participa no Desafío Repsol!

Envía unha mesaxe a Dani
Dani Pedrosa fala sobre o Mundial de MotoGP no seu blog
Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
Así foi a última proba: Gran Premio de China
Así está o Mundial
Próximas citas

12/05/2008

Últimas noticias

> Pedrosa promete en MotOh! un “Mundial divertido”
> Pedrosa, líder do Mundial máis igualado


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.