Pedrosa, líder do Mundial máis igualado - repsol.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Competición Motociclismo

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Pedrosa, líder do Mundial máis igualado

Copy Repsol YPF

Despois de catro Grandes Premios, Dani Pedrosa lidera a clasificación dun dos Mundiais máis competitivos dos últimos tempos. Tras a hexemonía de Stoner en 2007, a tempada de 2008 presenta unha das loitas máis igualadas e apaixonantes que se recordan, con catro candidatos a facerse co título final. Cada un deles venceu xa unha carreira, aínda que tan só Pedrosa conseguiu permanecer sempre no podio.

O vixente campión, Casey Stoner, coroouse no Gran Premio de Qatar. Xerez foi territorio do piloto Repsol Dani Pedrosa, mentres que en Portugal o gañador foi Jorge Lorenzo. Na última proba disputada, a de China, Rossi subiu ao máis alto do caixón. Catro pilotos para un Mundial. Na clasificación, do cuarto (Stoner) ao quinto clasificado (James Toseland) abriuse xa unha brecha de máis de 20 puntos.

Pedrosa consolidouse neste inicio de tempada como un serio aspirante ao título. O español lidera a clasificación logo de acabar entre os tres primeiros nas catro carreiras disputadas este ano. A súa candidatura ao título colle máis forza se se ten en conta que o de China foi o seu sexto podio consecutivo, e é que o piloto Repsol finalizou os dous últimos Grandes Premios da tempada 2007 no caixón (con vitoria final en Valencia incluída).

Con todo, o español prefire ser cauto e é que por diante queda moito Mundial por disputar. Rossi recuperou as súas mellores sensacións en China e Stoner parece que comeza a superar a crise pola que pasou tras a súa vitoria inicial en Qatar. Tampouco hai que esquecerse de Lorenzo, que no seu primeiro ano en MotoGP está mostrando un alto rendemento. “A igualdade deste Mundial fai que estea bonito, interesante”, afirma Pedrosa no seu blog. “Catro pilotos podemos gañar calquera proba: eu mesmo, Rossi, Lorenzo e Stoner”, engade. “Non creo que ninguén se atreva a vaticinar quen terminará primeiro en Le Mans”.

07/05/2008

Últimas noticias

> Lorenzo ten os dous nocellos rotos
> "O que marca a diferenza entre un campión do mundo e o resto é a súa fortaleza mental”



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.