Dani Pedrosa quere rubricar o seu gran inicio da tempada cun novo triunfo no Gran Premio de Francia este fin de semana, nun circuíto no que obtivo bos resultados (conseguiu a vitoria en tres ocasións nas categorías inferiores). O español recoñece que, por características, non é o circuíto que máis lle agrada, pero que sempre é “mellor acudir a un escenario onde os resultados normalmente acompañaron”.
O español logrou a vitoria en Le Mans en 125cc no ano 2003, e en 250cc nos anos 2004 e 2005. No seu debut na categoría raíña, na tempada 2006, Pedrosa estivo a piques de repetir o éxito, pero, tal e como explica no seu blog, “unha mala elección de pneumáticos” fixo que pasase de loitar pola vitoria ao terceiro posto. Aínda así, “non foi un mal resultado”, admite, xa que foi o seu terceiro podio en MotoGP.
Vistos os resultados, non hai dúbida de que este é un dos circuítos talismán do líder do Mundial, pero é que ademais, fai un ano Dani Pedrosa corría en Francia o seu gran premio número cen, converténdose no piloto máis nova da historia en alcanzar esa cifra, con tan só 21 anos e 233 días, superando así a Marco Melandri, quen ostentaba a marca ata ese día.
Sobre a carreira desta fin de semana, Pedrosa afirma no seu blog que porá “especial atención na elección de pneumáticos, sobre todo no traseiro”, xa que Le Mans é un circuíto cun asfalto moi especial, “distinto aos demais”. Por outra banda, o español alude á meteoroloxía, xa que aínda que tampouco lle preocupe “especialmente” porque o ano pasado comprobou que pode ir rápido no trazado francés sobre choiva, prefire “unha carreira uniforma: sobre seco ou sobre mollado".
> Dani Pedrosa escribe no seu Blog sobre o GP de Francia
Participa no Desafío Repsol!
• Envía unha mesaxe a Dani
• Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
• Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
• Circuíto de Le Mans
• Así foi a última proba: Gran Premio de China
• Así está o Mundial
• Próximas citas
13/05/2008
Últimas noticias
> Os pilotos Repsol, preparados para Le Mans
> Pedrosa promete en MotOh! un “Mundial divertido”
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.