Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Na procura do éxito en San Mariño

Copy Repsol

O circuíto de Misano acolle esta fin de semana a primeira das seis últimas probas que despedirán a tempada de MotoGP de 2008. Unha cita na que os dous pilotos Repsol aspiran a competir ao máximo das súas posibilidades para recuperar a senda do triunfo. O español Dani Pedrosa quere resarcirse dos contratempos deste último mes, mentres que Nicky Hayden volve á competición tras a lesión que lle impediu correr en Brno.

Dani Pedrosa só pensa en pelexar pola vitoria que o meta de novo na loita polo primeiro posto da clasificación. “O Mundial está difícil, pero é posible? Matematicamente si”, escribe no seu blog. Sobre Misano, o piloto explica que hai que coidar a primeira parte do trazado para conseguir “unha boa volta”, aínda que afirma que a súa parte favorita da pista é a última.

Pola súa banda, Nicky Hayden volve á competición esta fin de semana tras a lesión que sufriu no seu pé dereito a primeiros de mes na súa participación nun evento de Supermotos e que lle impediu correr en Brno. O estadounidense sairá á pista cunha bota especial, dado que o pé non está recuperado de todo. Sobre o circuíto, o de Repsol asegura que “é parecido ao de Lagoa Seca aínda que é completamente chairo: é un circuíto pequeno, revirado e debes ser agresivo”.

O GP de San Mariño acollerá esta fin de semana un gran ambiente. Non en balde, o trazado está preto da localidade natal de Valentino Rossi, e os “tifosi” encherán de cor as bancadas. Con todo ao italiano resísteselle a vitoria neste circuíto, que é un dos máis rápidos do calendario. Misano non é unha pista moi coñecida para os pilotos actuais de MotoGP e é que, aínda que este circuíto xa formou parte do mundial de motociclismo na década dos 80, tivo que sufrir un lavado de cara antes de reincorporarse a MotoGP o pasado ano. Ademais, para gañar en seguridade houbo de investir o sentido de xiro.

Horarios de GP de San Mariño.

Sábado, 30 de agosto.
• 13:10. Clasificación 125cc
• 13:55. Clasificación MotoGP
• 15:10. Clasificación 250cc

Domingo, 31 de agosto.
• 11:00. Carreira 125cc
• 12:15. Carreira MotoGP
• 14:00. Carreira 250cc

> Dani Pedrosa escribe sobre o Mundial de MotoGP no seu blog

Gaña grandes premios. Xoga ao Desafío Repsol!

Forma parte do Muro dos Fans de Dani Pedrosa
Todos os segredos do box, no Blog dos Mecánicos
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
Así vai o Mundial
Próximas citas

27/08/2008

Últimas noticias

> Pedrosa quere conquistar o podio en Misano
> Hayden pensa en San Mariño


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.