Os pilotos do equipo Repsol Honda, Dani Pedrosa e Nicky Hayden, finalizaron a primeira sesión de adestramentos libres en duodécima e undécima posición respectivamente. O mellor tempo do Grande Premio de San Mariño marcouno o australiano Casey Stoner, que finalmente superou ao actual líder do mundial Valentino Rossi.
Dani Pedrosa comezou con bo pé a quenda marcando o cuarto mellor tempo, co transcurso da xornada foi perdendo prazas, ata a undécima posición. Nicky Hayden volveu a competir trala súa ausencia na República Checa e completou os adestramentos sen resentirse da súa lesión no pé. Outra vez Stoner volveu a dominar a primeira sesión de adestramentos, con moita autoridade mantendo en moitas fases da quenda ata un segundo de diferenza respecto dos seus rivais. O italiano Valentino Rossi mantívose en segunda posición, marcando a súa mellor volta moi ao final da sesión.
250cc
A loita pola pole foi moi disputada, e finalmente foi para Marco Simoncelli, que quere resarcirse do seu terceiro posto en Brno. Héctor Barberá acabou os adestramentos en segunda posición, e terceiro foi Thomas Luthi. O piloto de Repsol, Julián Simón, realizou unha gran quenda de adestramentos e acabou na sexta praza.
125cc
O mellor tempo volveu a ser para Gábor Talmacsi, que apunta a repetir pole trala lograda na República Checa. A sesión de adestramentos foi moi igualada, cos seis primeiros pilotos en menos dun segundo. Scott Readding marcou o segundo mellor tempo e o actual líder do mundial, o francés Mike dei Meglio, foi terceiro. Os pilotos de Repsol Esteve Rabat e Marc Márquez finalizaron en décimo sexta e vixesimoterceira posición respectivamente. O español mellor clasificado é Nico Terol, cun quinto posto.
29/08/2008
Últimas noticias
> Na procura do éxito en San Mariño
> Dani Pedrosa, embaixador da Fundación “Wings for Life”
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.