Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Rally > Noticias > Actualidade
Citröen comeza marcando o ritmo en Grecia

Copy Rally Acropolis

Os dous pilotos do equipo oficial de Citröen ocupan o primeiro e segundo posto do Rally Acrópole despois da primeira xornada de competición. Loeb é o líder e Sordo segundo a pouco mais de quince segundos. Petter Solberg é terceiro, por diante do seu irmán Henning, que marcha cuarto.

Sébastien Loeb concluíu a primeira etapa do Rally Acrópole á fronte da clasificación. O piloto galo, quen xa se fixo co triunfo no pasado Rally de Sardeña comezou a marcar diferenzas dende a primeira xornada, para tratar de evitar verse presionado nas últimas etapas, como lle pasou na proba italiana, e para tratar de recuperar así o liderato do Campionato do Mundo, en poder de Hirvonen.

En segunda posición atópase Dani Sordo, a quince segundos do seu compañeiro de equipo. O cántabro quere demostrar que pode estar arriba cos mellores, e que a perda do segundo posto na pasada proba foi algo puntual, impropio dun piloto tan talentoso como el. Mentres, o noruegués Petter Solberg é terceiro a un minuto do líder da proba, conducindo o novo Subaru Impreza presentado esta mesma semana e no que a marca xaponesa ten depositadas grandes esperanzas para volver ser un equipo competitivo que pelexe as vitorias.

O cuarto lugar é para Henning Solberg, irmán de Petter, do que o separan escasos sete segundos. O estoniano Urmo Aava, que conduce un Citröen C4, ocupa o quinto lugar por diante dos pilotos de Ford, Latvala e Hirvonen que marchan en sexto e sétimo lugar, respectivamente. O mozo Latvala comezara moi forte a proba, pero co paso das especiais foi deshinchando ata caer ao sexto posto da clasificación.

30/05/2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.