A primeira metade do campionato Mundial despídese antes do descanso estival co Rally de Turquía, unha proba que volve ao calendario para acoller unha nova e apaixonante loita entre os pilotos aspirantes ao título mundial. Tan só un punto separa aos dous primeiros clasificados do xeneral, Mikko Hirvonen e Sébastien Loeb, quen se empoleirou na primeira posición tras a pasada cita de Grecia.
Despois de Turquía, a tempada despedirase por un período de seis semanas. Farao tras disputar este fin de semana a sexta proba consecutiva sobre terra. A cita turca abandonou o calendario do Mundial de Rallys en 2006. No seu regreso dous anos despois, a organización quixo ser fiel ao percorrido de sempre.
A novidade máis destacada do Rally de Turquía é o cambio de datas que evitará que choiva sexa a protagonista da proba como ocorrese hai dúas tempadas. Temperaturas de máis de 30 graos e un alto nivel de humidade acompañarán, pois, aos pilotos nas dezanove especiais; 360 quilómetros cronometrados atravesando as montañas Anatolia e a unha altitude de 1.8000 metros.
O Mundial chega a Turquía no seu mellor momento, despois de que o Rally de Grecia provocase un cambio na clasificación. O piloto de Citröen, Sèbastien Loeb, competirá en terras turcas buscando reafirmarse nesa primeira posición que ostenta con tan só un punto máis que o finlandés Mikko Hirvonen. Pola súa banda, o español Dani Sordo (Citröen), móstrase esperanzado de cara á proba desta fin de semana, onde só competiu unha vez pero garda “bos recordos”.
11/06/2008
Últimas noticias
> Loeb consegue a vitoria e o liderato do Mundial en Grecia
> Citröen comeza marcando o ritmo en Grecia
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.