Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Rally > Noticias > Actualidade
Hirvonen adxudícase o primeiro Rally de Xordania

CopyFord

Mikko Hirvonen conseguiu a súa primeira vitoria da tempada no inédito Rally de Xordania tras realizar un impecábel percorrido na última xornada de competición. O finlandés que se situou á fronte da clasificación xeral, avantaxou en tan só un minuto e quince segundos ao español Dani Sordo e en case cinco minutos ao australiano de Subaru, Atkinson, que foi terceiro.

O finés de BP-Ford, colocouse líder provisional do campionato grazas á súa vitoria en Xordania e a que o seu máximo rival na loita polo campionato, Loeb, tivo que abandonar na segunda xornada tras sufrir un accidente. No entanto, o finlandés tivo que pelexar ata o último tramo da competición contra Sordo para adxudicarse o seu primeiro triunfo da tempada. Apenas un minuto e quince segundos separaron a ámbolos pilotos nun axustadísimo final de carreira.

A pesar de que Dani Sordo terá que esperar para obter a súa primeira conquista no Campionato Mundial de Rallyes, o cántabro de Citroën, completou o seu mellor resultado no que vai de ano e mantivo serias opcións de vitoria ata o último instante no rally xordano. Con este meritorio segundo posto, Sordo escala un posto na clasificación de pilotos e sitúase na quinta praza.

O terceiro banzo do podio foi para o neocelandés de Subaru Chris Atkinson, que concluíu a catro minutos e cincuenta e nove segundos do vencedor e que o afianza na terceira posición do mundial de pilotos. O finlandés de Ford, Jari-Matti Latvala, rompeu a suspensión traseira do seu Focus RS cando lideraba a carreira e isto fíxolle perder varios postos na clasificación xeral para rematar no sétimo posto.

27/04/2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.