Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Rally > Noticias > Actualidade
Loeb faise coa vitoria en Sardeña

Copy McKlein

A última xornada do Rally de Italia non deparou sorpresas na clasificación. Finalmente, Loeb mantivo o primeiro posto ata o final, por diante dos Ford de Hirvonen e Latvala que foron segundo e terceiro, respectivamente. Galli finalizou en cuarta posición por diante de Dani Sordo, que foi quinto.

Sébastien Loeb puido manter o liderato na última etapa e conseguir así a súa cuarta vitoria da tempada, que é tamén a número corenta da súa carreira. Na xornada dominical, máis corta que as anteriores, o galo soubo administrar a vantaxe que tiña sobre os seus perseguidores, e non sufrir máis do necesario. A pesar do triunfo o de Citröen segue segundo na clasificación do Mundial.

Finalmente, os pilotos de Ford acompañaron a Loeb no podio. Hirvonen ocupou o segundo posto, ao superar na última etapa ao seu compañeiro Latvala, que tivo que conformarse co terceiro. Con este resultado o finlandés consegue manter o liderato do Mundial, que encabeza con 43 puntos seguido de Loeb con 40, en segunda posición, e de Atkinson con 31, en terceira.

O piloto local Gianluigi Galli conseguiu o cuarto posto final, por diante do cántabro Dani Sordo, quinto. O piloto español, compañeiro de Loeb en Citröen, a pesar de ter unha grande actuación o primeiro día, non foi capaz de manter a regularidade nun Rally de Italia no que foi de máis a menos e caeu ata a quinta praza. A próxima proba do Mundial será o Rally Acrópole, que se celebrará en Grecia do 29 de maio ao 1 de xuño.

18/05/2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.