Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Rally > Noticias > Actualidade
Loeb segue á fronte en Grecia tras unha xornada moi accidentada

Copy Rally Acropolis

Nunha etapa marcada polos numerosos incidentes que sufriron a maioría de pilotos, Loeb conseguiu manter o liderato. En segundo lugar situouse Petter Solberg, seguido do seu irmán Henning. O cuarto posto ocúpao Hirvonen e o quinto o estoniano Aava. Sordo sufriu un problema na última especial do día e baixou á sétima posición.

Sebastien Loeb, continúa á fronte do Rally Acrópole, a pesar de sufrir unha picada no segundo tramo da xornada. O piloto galo cedeu momentaneamente o liderato a Dani Sordo, quen máis tarde llo “devolveu” obrigado polo equipo Citröen. A marca francesa puxo de manifesto con está decisión que Loeb é o xefe intocábel do equipo e que mentres estea en pista, Sordo terá que conformarse con ser, como moito, segundo. 

O de Torrelavega, sufriu un contratempo no último tramo cando marchaba segundo, o que lle fixo perder bastantes e minutos e caer ata a sétima posición. Isto provocou que os irmáns Solberg ocupen agora os postos que outorgan o dereito a subir ao podio ao acabar a proba, sendo Petter, do equipo Subaru, segundo e Henning, de Stobart, terceiro. 

Mentres, o actual líder do Mundial, Mikko Hirvonen ascendeu ata o cuarto posto. O piloto do BP-Ford viuse favorecido por tódolos incidentes que sufriron os seus rivais e gañou dúas posicións respecto ao día de onte. O seu compañeiro Latvala foi un dos máis prexudicados, xa que descendeu ata a novena posición cando ía cuarto a moi poucos segundos do terceiro clasificado. En quinta posición mantense o mozo estoniano Urmo Aava. 

31/05/2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.