Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Rally > Noticias > Actualidade
Hirvonen é líder en Nova Zelandia trala primeira xornada

Copy Ford

A primeira xornada do Rally de Nova Zelandia estivo marcada pola grande vantaxe conseguida por Hirvonen, que se colocou líder cunha ampla distancia sobre Loeb, que marcha segundo despois de ser penalizado no sexto tramo. O terceiro lugar é para Sordo, quen superou a Latvala na última especial do día e deixou ao finlandés en cuarto lugar. En quinta posición atópase Duval seguido de Aava en sexta.

Mikko Hirvonen é líder do Rally de Nova Zelandia tralo primeiro día de competición. O piloto de Ford ten algo menos de medio minuto de vantaxe sobre o segundo clasificado, Loeb. Noutra proba, esta diferenza o primeiro día suporía unha gran renda, pero neste rally, no que o primeiro clasificado vese penalizado por ter que abrir pista e limpala de grava miúda, esta primeira posición non supón unha vantaxe tan importante. 

O francés Loeb atópase en segunda posición a pesar de ser o piloto máis rápido do día. O problema co que se atopou o galo foi que non puido tomar a saída da sexta especial cando lle correspondía e atrasouse 3 minutos, polo que foi sancionado con 30 segundos de penalización e caeu ao segundo posto cando era líder. O piloto de Citroën alegou que o seu motor non arrincaba, aínda que non parece desatinado pensar que poida tratarse dunha estratexia para non ter que abrir pista na segunda etapa. 

Mentres, Dani Sordo ocupa a terceira posición a medio minuto do líder Hirvonen. O español de Citroën parece estar sentíndose bastante cómodo en Nova Zelandia, debido a que é un trazado moi técnico que lle vai como anel ao dedo. Ademais o de Torrelavega non debe renunciar a nada, xa que nesta proba as distancias amplíanse e recórtanse cando un menos o espera, así que para el a vitoria aínda pode ser posible. Un pouco máis difícil terao Latvala, quen despois de imporse na primeira especial foi caendo ata finalizar a xornada en cuarta posición por diante de Duval, que substitúe a Galli en Stobart, e de Aava.

29/08/2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.