Non puido ser finalmente. Un erro de Peterhansel, recoñecido polo vencedor de 3 edicións do Dakar en coches, propiciou a segunda posición final do piloto do Repsol Mitsubishi Ralliart Team e a vitoria de Carlos Sainz e a súa Volkswagen Touareg no Rally Centroeuropeo, primeira proba das Dakar Series.
A xornada puxo punto e final a un rally que por moitos será recordado pola brillante e emocionante disputa que mantiveron dous dos mellores pilotos do mundo dos raids. Peterhansel e Sainz, Sainz e Peterhansel chegaban á última especial da proba centroeuropea cunha ínfima diferenza de apenas 18 segundos, despois de case 10 horas de tramos cronometrados. A noite sen dúbida debeu ser longa para estes dous pilotos, que eran conscientes do alto ritmo que estaban impondo ambos na súa loita pola vitoria final, un ritmo que só Alphand, Roma e Depping conseguiran manter ata pola mañá.
A vitoria de Sainz non desluciu a impresionante actuación do piloto do Repsol Mitsubishi Ralliart Team, que se mediu ata o último tramo con todo un Campión do Mundo de Rallyes WRC. O erro que cometeu Peterhansel impediu que o francés puidese disputarlle o tramo final ao español dende case o inicio da especial. O francés tiña claro que a especial de era a mesma de onte pero en sentido inverso. Non obstante, había un pequeno cambio que descoñecía: o tramo non entraba nunha zona boscosa que si percorría xusto ao final da especial, unha zona boscosa que precedía a unha longa recta que levaba ata a meta. Mentalizado en atacar dende o primeiro metro da especial, ao chegar ao final da recta Peterhansel virou cara á esquerda para penetrar no bosque, mentres o seu copiloto Cottret indicáballe rapidamente o seu erro. O binomio, vendo que non podía dar media volta pola estreiteza da pista, optou por seguir adiante e recuperar a pista correcta un pouco máis adiante. Resultado: case un minuto perdido. Despois disto, Peterhansel optou por completar o resto da especial a ritmo rápido pero sen arriscar un posíbel accidente para rabuñar só uns segundos. Un minuto de desvantaxe, con Sainz na cabeza, era xa demasiado para reaccionar. Finalmente, Peterhansel rematou cuarto a especial e segundo na xeral, a 2 minutos e 1 segundo do vencedor despois de máis de 11 horas de tramos cronometrados.
O compañeiro e compatriota de Peterhansel no Repsol Mitsubishi Ralliart Team, Luc Alphand, finalmente non puido escalar ata a terceira posición do podio na súa loita co alemán Depping. Alphand, que o intentou ata o último quilómetro, terminou a especial terceiro xusto por detrás de Depping e o seu Volkswagen, sendo cuarto finalmente cuarto ao final do Rally Centroeuropeo. Nani Roma, reincorporado á proba, marcou o sexto mellor tempo da especial, aínda que as cinco horas de penalización tralo seu abandono de colocárono finalmente nunha posición moi atrasada da clasificación xeral. Roma aproveitou a xornada de para realizar unhas probas de suspensións e de posta a punto distintas aos reglaxes habituais. Ademais, o piloto Repsol saíu con ordes expresas de non tomar riscos innecesarios tendo en conta que xa non tiña nada que gañar.
En motos, Jordi Viladoms asegurou finalmente a sexta posición final no Rally Centroeuropeo. Marcou o cuarto mellor tempo nunha especial na que foi a asegurar a súa posición na táboa xeral. O piloto do Repsol KTM Team mostrouse satisfeito despois dun inicio do rally algo complicado e do difícil terreo co que se atopou os primeiros días, un terreo no que recoñeceu non sentirse cómodo.
28/04/2008
Últimas noticias
> Os tres Repsol Mitsubishi MPR13 entre os cinco primeiros
> Peterhansel e Repsol manteñen o liderado no Rally Centroeuropeo
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.