Primeiros resultados do Repsol Classic Team - repsol.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Competición E máis

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > E máis > Noticias
Primeiros resultados do Repsol Classic Team

Copy Repsol YPF

Os dous Renault Alpine do Repsol Classic Team conseguiron clasificarse entre os dez primeiros do Rallye Illa de Mallorca, unha das competicións españolas incluídas nos calendarios internacionais das competicións de clásicos e que rexistrou unha nutrida inscrición de equipos tanto españois como, sobre todo, alemáns.

Esta era a primeira saída en competición da escudaría recentemente formada por Repsol e o obxectivo era ir avanzando nos traballos de posta a punto dos Renault Alpine recentemente adquiridos e que están sendo sometidos a diversos traballos de mellora na súa preparación e equipamento por parte de MC Competición, un dos máis prestixiosos preparadores das competicións españolas, tanto no mundo dos clásicos como no Campionato de España de GT.

Os dous Alpine pintados de branco e coas cores do Repsol Classic Team non deron practicamente problemas durante toda a competición na súa parte mecánica e unicamente houbo que traballar sobre reglaxes de suspensións para adaptar a súa xeometría ás características dos pneumáticos Michelín Xas que a empresa francesa constrúe actualmente cos mesmos criterios dos anos setenta, para garantir a máxima fiabilidade histórica dos automóbiles.

O Repsol Classic Team seguirá co seu programa de competicións internacionais que o levará, a principios do mes de abril, ata o Circuíto de Catalunya para participar nas competicións históricas das Lle Mans Series.

26/03/2008

Últimas noticias

> Laia Sanz loitará polo seu sétimo titulo continental consecutivo
> Repsol Clasicc Team, unha nova escudaría



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.