Motociclismo, coches fórmula 1, Rally, fotos... - Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol
Competición E máis

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > E máis > Noticias
Repsol Clasicc Team, unha nova escudaría

Copy Repsol YPF

Repsol YPF entrou de cheo nunha nova competición. Trátase do campionato de vehículos clásicos, unha especialidade na que a compañía petrolífera quere destacar, formando a escudaría máis potente do país. En total, máis dunha ducia de vehículos das marcas máis prestixiosas -Ferrari, Jaguar, Alfa Romeo, BMW, etc.- competirán coas cores do equipo Repsol Classic Team.

Nesta nova aventura, a escudaría terá como pilotos a algúns dos condutores máis expertos nesta competición, como son Ortega, Arias e De Miguel, así como outros homes de prestixio na historia de Repsol e do deporte do motor como Saldaña, Zanini, Doncel, Lencina, Lucas Sáiz, Oñoro, Muñoz, Agilera…

O obxectivo do equipo Repsol Classic Team é o de converterse no equipo español de referencia dentro do panorama internacional, para o que contará con vehículos de prestixio para acudir así a tódalas citas co automóbil máis adecuado en cada ocasión. No caso dos rallies, a escudaría contará con tres unidades de Renault Alpine SX.

E é que, dentro do calendario previsto para esta competición, os rallies combínanse con outras probas de circuíto de gran renome, como é o caso do Grande Premio de Mónaco ou as 24 Horas de Le Mans Históricas. A tempada comezou o pasado 1 de febreiro co Rally de Montecarlo e sucederase ata o próximo mes de novembro cun total de 14 citas.


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.