Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > E máis > Noticias
Sétimo título continental consecutivo para Laia Sanz

Copy Repsol Media

Laia Sanz conquistou por sétima vez consecutiva o Capionato de Europa de Trial de Mulleres, competición que finalizou hoxe sábado coa disputa da terceira e última proba puntuábel na localidade checa de Tanval. A piloto Repsol impúxose con rotundidade sobre un terreo ao que a choiva engadiu unha maior dificultade.

A pluricampeona deixou practicamente sentenciado o título ao concluír a primeira volta sen penalizar e con dez puntos de vantaxe sobre a súa rival máis próxima, e rematou a xogada sumando un único punto na segunda rolda. Laia Sanz venceu as tres citas deste certame. Na primeira -marzo en Grasse (Francia)-, finalizou con cero puntos. Na segunda, a finais de xullo en Crodo Verbania (Italia), concluíu con dous puntos, vinte menos que a segunda clasificada. Grazas a eses dous resultados, hoxe bastáballe con terminar cuarta para revalidar o título.

A xa sete veces Campiona de Europa naceu en Corbera de Llobregat, Barcelona, o 11 de decembro de 1985 e dende o ano 2004 é integrante do equipo Repsol Montesa-HRC. A súa próxima meta é conquistar o que sería o seu oitavo Título Mundial, galardón co que rompería o empate a sete que comparte con dúas grandes lendas deste deporte: Jordi Tarrés e Dougie Lampkin.

Vencedora na proba inaugural desta competición (o mes de marzo, en Ettelbruck, Luxemburgo), Laia Sanz disporá de dúas oportunidades para alcanzar o seu obxectivo: os días 20 e 26 de setembro en Castellolí (Barcelona) e Sant Julià de Loria (Andorra), respectivamente.

Laia Sanz
“A choiva complicou unhas zonas que en seco presentarían unha dificultade bastante menor. Nestas condicións e pese ao maior risco de cometer erros, sentinme tranquila e efectuei o que considero o meu mellor trial desta tempada, o que colma a miña satisfacción por este sétimo título. Logrei un dos meus dous grandes obxectivos para este ano. Obviamente, o outro é recuperar o Campionato do Mundo. Síntome en plenas condicións físicas e os resultados destas dúas últimas probas do europeo constitúen tamén unha boa axuda psicológica”.

19/08/2008

Últimas noticias

> Triunfo para Laia Sanz que lle achega ao sétimo titulo continental
> Segunda posición para Toni Bou no Trial de León


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.