A piloto Repsol Laia Sanz impúxose na segunda proba do Campionato de Europa de Trial de Mulleres. Con esta vitoria, a pluricampeona deu un firme paso para conquistar o título continental por sétimo ano consecutivo. Á piloto bastaríalle finalizar cuarta na terceira e última proba puntuábel, que terá lugar o día 16 de agosto na República Checa, para engadir un novo galardón ao seu palmarés.
O dominio da piloto Repsol Laia Sanz nesta segunda cita do Campionato de Europa foi indiscutíbel, sumando tan só un punto en cada volta a un percorrido máis dificultoso que o da cita inaugural do certame, e deixando a proba vista para sentenza tralo primeiro xiro. Ademais de liderar o Campionato de Europa, Laia Sanz tambien está na cabeza da clasificación do mundial, competición que se decidirá o mes de setembro.
Laia Sanz
“Competimos nun tipo de terreo sobre o que me sentín mellor e máis tranquila que cando é excesivamente doado, xa que este permitía emendar os posíbeis erros. A vitoria nestas dúas primeiras probas sitúame nunha boa posición para revalidar o título europeo, pero sei que sempre pode ocorrer un imprevisto e por esta razón non vou considerar a miña vantaxe como definitiva. É máis, afrontarei a última proba non coa intención de asegurar un resultado e uns puntos senón coa determinación de conseguir un novo triunfo”.
28/07/2008
Últimas noticias
> Segunda posición para Toni Bou no Trial de León
> Toni Bou finaliza segundo no trial de Morella
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.