
O acceso a e/ou uso do Portal atribúe a quen o realiza a condición de usuario, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen ningunha reserva, as presentes Condicións Xerais así como as Condicións Particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as Condicións Xerais en relación con determinados servizos e contidos do Portal.
O usuario comprométese a utilizar a Web e os seus servizos e contidos sen violar a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública. Así mesmo, queda prohibido, o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra REPSOL YPF ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento da Web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc& ), prohíbese:
O uso da Web realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do Usuario. A dita responsabilidade estenderase ao uso, por parte do usuario ou de calquera terceiro, de calquera contrasinal ou similares asignados para o acceso á Web ou a calquera dos seus servizos.
Sen prexuízo do anterior, REPSOL YPF, resérvase o dereito a denegar en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso á Web, a aqueles usuarios que incumpran estas condicións xerais, ou as particulares que en cada caso lles sexan de aplicación.
REPSOL YPF poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e o deseño da Web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso da Web.
En liña co anterior, e en relación ao servizo gratuíto de correo electrónico Globalum, REPSOL YPF resérvase o dereito a eliminalo en calquera momento do portal repsolypf.com, cun preaviso aos usuarios de 30 días naturais.
VI.I.
As persoas ou entidades que pretendan realizar ou realicen un hiperenlace dende unha páxina web doutro portal de internet a calquera das páxinas do portal de REPSOL YPF deberán someterse ás seguintes condicións:
VI.II.
O Portal de REPSOL YPF pon a disposición dos usuarios conexións e enlaces a outros sitios web xestionados e controlados por terceiros. Os ditos enlaces teñen como exclusiva función a de facilitarlles aos usuarios a busca de información, contidos e servizos en Internet, sen que en ningún caso poida considerarse unha suxestión, recomendación ou invitación para a visita destes. REPSOL YPF non comercializa, nin dirixe, nin controla previamente, nin fai propios os contidos, os servizos, as informacións e as manifestacións dispoñíbeis nestes sitios web.
REPSOL YPF non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, do mantemento, do uso, da calidade, da licitude, da fiabilidade e da utilidade dos contidos, das informacións, das comunicacións, das opinións, das manifestacións, dos produtos e servizos existentes ou ofrecidos nos sitios web non xestionados por REPSOL YPF e que resulten accesíbeis a través do Portal de REPSOL YPF.
Descrición : As cookies constitúen unha ferramenta empregada polos servidores Web para almacenar e recuperar información acerca dos seus visitantes. Non é máis que un ficheiro de texto que algúns servidores piden ao noso navegador que escriba no noso disco duro, con información sobre o que estivemos facendo polas súas páxinas.Posúen unha data de caducidade, que pode oscilar dende o tempo que dure a sesión ata unha data futura especificada, a partir da cal deixan de ser operativas.Para maior información visita o sitio do Departamento de Tratamento da Información e Codificación dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas de España. Cookies empregadas no Portal de REPSOL YPF: REPSOL YPF utiliza cookies para facilitar a navegación polo seu Portal e para obter unha maior eficacia e personalización dos servizos ofrecidos aos Usuarios.As cookies empregadas en repsolypf.com asócianse unicamente cun Usuario anónimo e o seu ordenador, non proporcionan referencias que permitan deducir o nome e os apelidos do Usuario e non poden ler datos do seu disco duro nin incluír virus nos seus textos.Así mesmo, repsolypf.com non pode ler as Cookies implantadas no disco duro do Usuario dende outros servidores.As cookies empregadas en repsolypf.com divídense en dous tipos: Cookies de Sesión e Cookies Permanentes: Cookies de sesión : Non se almacenan na máquina do usuario; desaparecen cando finaliza a sesión.Dentro deste grupo está:
Cookies Permanentes : Teñen unha data de caducidade afastada no tempo. Permanecen almacenadas no ordenador do usuario despois de finalizar a sesión. As Cookies Permanentes empregadas en repsolypf.com teñen diversas finalidades:
O usuario pode libremente decidir acerca da implantación ou non no seu disco duro das cookies empregadas en repsolypf.com. Neste sentido, o usuario pode configurar o seu navegador para aceptar ou rexeitar por defecto todas as cookies ou para recibir un aviso en pantalla da recepción de cada cookie e decidir nese momento a súa implantación ou non no seu disco duro. Para iso suxerímoslle consultar a sección de axuda do seu navegador para saber como cambiar a configuración que actualmente emprega. Aínda cando o Usuario configurase o seu navegador para rexeitar todas as cookies ou rexeitase expresamente as cookies de repsolypf.com, poderá navegar polo Portal co único inconveniente de non poder gozar das funcionalidades do Portal que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas Cookies de Sesión. En calquera caso, o Usuario poderá eliminar as cookies de repsolypf.com implantadas no seu disco duro en calquera momento, seguindo o procedemento establecido na sección de axuda do seu navegador.
REPSOL YPF non outorga ningunha garantía nin se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:
A duración da prestación do servizo da Web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, REPSOL YPF resérvase o dereito para, interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición cuarta.
Para os efectos de preservar os posíbeis dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na Web, deberá notificar esta circunstancia a REPSOL YPF indicando:
As marcas REPSOL YPF, Solred, Solred Telemat, Boxes, Sprint Red, Visa Repsol, Travel Club, Repsol Gas, Campsa, Petronor, YPF, Repsol, Repsol Butano, Butano, Gasauto e o resto de marcas propiedade de REPSOL YPF ou de calquera das empresas do seu grupo, as correspondentes marcas gráficas son todas elas marcas rexistradas e queda prohibida a súa reprodución ou o seu uso sen a autorización do seu titular.
A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é da exclusiva responsabilidade destes.
repsolypf.com desexa que todas as persoas, independentemente da súa discapacidade, condición ou equipamento tecnolóxico poden acceder a un sitio web. Para iso, tomou diversas medidas:
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.
REPSOL YPF e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido. No suposto de que o Usuario teña o seu domicilio fóra de España, REPSOL YPF e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Madrid