Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Motor > Coches > Condicions adversas
Conducir con mal tempo
imagen

O Inverno é unha época de frío e escuridade. É por iso polo que se recorre moito máis ao coche: para evitar mollarse , pasar frío ou andar de noite. Sen embargo, a choiva, a neve, o xeo, o vento ou a néboa poden chegar a ser maiores inimigos ao volante se non se sabe conducir con esas condicións atmosféricas adversas. Calquera seguridade sempre é pouca para evitar calquera tipo de contratempo.


Se o tempo non acompaña antes de viaxar hai que pensar se o desprazamento en coche é realmente necesario e, en caso de que non sexa imprescindible, o mellor será desistir, sobre todo se non se está acostumado a conducir nesas situacións ou se é de noite. Pero, en caso de que se decida emprender a viaxe, previamente é recomendable acadar toda a información  posible sobre o estado das estradas e as previsións meteorolóxicas.

Antes de comezar a viaxe, tamén, cómpre revisar o coche: comprobar o estado dos pneumáticos e a presión dos mesmos, controlar os líquidos que usa o vehículo (freos, motor…) e engadirlles anticonxelantes para que non perdan rendemento...Ademais, cómpre  asegurarse de levar todo o necesario no vehículo: chaleco reflectinte e triángulos de sinalización por se houbese que baixar do coche, e sobre todo, as cadeas.

É recomendable viaxar con roupa de abrigo e un teléfono móbil co seu correspondente cargador de batería por se se producise algún contratempo. Outra das cousas imprescindibles antes de comezar a viaxe é encher o depósito: o peso do combustible dá mais estabilidade ao coche en condicións difíciles, ademais de garantir que se poida usar a calefacción.

Xa unha vez na estrada o máis importante cando o tempo é mao é ver e ser vistos, polo que cómpre circular coas luces de cruzamento acendidas. En caso de conducir con néboa non se deben utilizar nunca as luces de longo alcance (xa que o reflexo sobre as gotas en suspensión dificulta aínda máis a visión) senón que se deben empregar as antinéboa dianteiras e, se a néboa é moi espesa, tamén as traseiras.

imagen

Ademais, cómpre reducir a velocidade e suavizar o manexo do volante, así como incrementar a distancia de seguridade habitual respecto ao coche que vai diante, para dispor de máis espazo en caso de apuro por esvarar ou por freada brusca.  Precisamente á hora de frear é cando máis coidado hai que ter. Débese usar ao máximo o motor para facer descender a velocidade do vehículo e tocar con suavidade o pedal do freo.

Sobre as cadeas, é necesario probalas antes de comezar a viaxe para asegurarse de que funcionan ben. Despois, en caso de que sexa necesario o seu uso, deben colocarse nas rodas motrices e retirarse en canto desapareza a neve.


Cando se conduce en situacións meteorolóxicas adversas cómpre ter un especial coidado á hora de realizar manobras, en especial se consiste en adiantar. Antes de facelo hai que asegurarse primeiro de que se dispón do espazo suficiente e aumentar a distancia habitual respecto ao outro vehículo.

Outro dos aspectos a ter en conta son os pasos subterráneos. Ao atravesalos cómpre prestar atención e suxeitar con firmeza o volante para non acusar a volta do temporal.Tamén o xeo pode crear situacións de perigo dentro dos túneles, xa que aparece e se mantén con máis facilidade nos lugares aos que non chega a luz do sol, polo que hai que extremar as precaucións.

O exceso de auga no asfalto provoca situacións de risco, o que se coñece como Aquaplaning. Nesas situacións o pneumático non é capaz de desaloxar suficiente cantidade de auga e perde o contacto co asfalto. O que hai que facer é: soltar o pedal do acelerador suavemente e manter firme a dirección, evitando freadas e aceleróns bruscos.


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.