Escoller entre dous ou tres modelos similares á hora de mercar un vehículo pode converterse nunha tarefa complicada. Por mor disto, o portal de Repsol YPF ofrece aos seus usuarios unha ferramenta que permitirá adecuar a compra ás necesidades de cada un. A Busca Comparativa permitirá contrastar as características de cada un para poder escoller con máis fiabilidade á hora de realizar a compra.
Esta aplicación complementa as utilidades do Buscador, o máis eficaz que o usuario pode atopar na rede. A busca comparativa permite introducir aqueles modelos entre os que dubidas á hora de adquirir un novo vehículo, para obter así unha análise contrastada e detallada de todos eles. Ademais, esta opción está dispoñible tanto para coches como para motos e vehículos comerciais.
Con esta modalidade, son varios os campos que poderá entrar a analizar o usuario con fichas confrontadas que ofrecen imaxes, detalles técnicos, cifras de consumo, medidas, opcións de equipamento e moito máis. Desta maneira, é o propio usuario quen xulga os puntos fortes e débiles de cada vehículo e a oferta dos mesmos naqueles xeitos que máis lle interesan: motor, tamaño, seguridade…
Lembra que o Buscador che ofrece, ademais, todos os datos técnicos, mecánicos e de equipamento de todos os vehículos do mercado, acompañados das mellores imaxes e as informacións de máis rigorosa actualidade.
07/02/2008
> Accede á Busca Comparativa
> O Buscador de Motor máis completo da rede
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.