Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coches > Noticias > Actualidade
Consellos útiles para a limpeza do coche

Copy Repsol

Túneles de lavado, limpeza con mangueira, hai moitas formas de limpar o coche, mais na maioría das ocasións, calquera método deixa de ser eficaz, porque os usuarios non seguen unhas pautas á hora de lavar o automóbil. Por onde comezar, que produtos se deben utilizar, cales non... son algúns dos puntos clave á hora de optimizar o noso tempo e diñeiro ao lavar o coche.

Lavar o coche adoita converterse nunha tarefa que poucos usuarios de vehículos realizan dun xeito eficiente, sen gastar demasiados cartos e con resultados óptimos. Para un lavado con bos resultados, o primeiro que hai que ter en conta é que cómpre seguir unha orde para o levar a cabo. Por iso, é recomendable comezar polas rodas, e o mellor é aplicar algún produto que desengraxe ben e que nos aforrará tempo, pero sempre evitando produtos químicos moi agresivos, que poderían deteriorar os materiais.

Despois de rematar coas pinas, hai que seguir unha certa orde na limpeza da carrozaría do vehículo. Recoméndase comezar sempre pola parte superior, é dicir, o teito do coche, xa que a sucidade que este desprenda caerá polos laterais do coche, que a continuación limparemos. Unha vez que se enxaboa e aclara o coche, hai que evitar utilizar toallas ou outro tipo de tecidos para secar o coche, xa que estas poderían afectar o acabado da pintura do coche. Aconséllase secar cunha baeta ou algún tecido sintético que a substitúa.

Os cristais son unha das zonas nas que custa conseguir un bo acabado trala limpeza do vehículo. Un dos consellos máis estendidos e con mellores resultados é, sen dúbida, a utilización de papel de xornal para limpar os vidros do coche, acompañado dalgún produto específico para cristais. O acabado é mellor que se se utilizan toalliñas de papel ou outro tipo de panos.

> Máis consellos de mantemento para o coche

27/08/2008

Últimas noticias

> España pon freo á mortalidade nas estradas
> Renault Symbol: debuta no Salón de Moscova


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.