Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Coches > Noticias > Actualidade
Caída das vendas de coches no primeiro semestre do ano

O balance de matriculacións de turismos do primeiro semestre deste ano 2008 deixa uns resultados moi pouco positivos para a industria automobilística. A caída das vendas en España durante esta primeira metade de ano é dun 17,6 por cento respecto ao ano pasado. Esta cifra amosa o peor balance de matriculacións desde o ano 1993.

O sector automobilístico caeu en picado durante a primeira metade deste 2008, chegando a situar a cifra de matriculacións en 702.368 unidades durante os primeiros seis meses do ano, o que supón unha caída do 17, 6 por cento en relación ao mesmo período do pasado ano 2007. Segundo informaron a asociación de fabricantes, Anfac e a de vendedores, Ganvam, este balance amosa a peor baixada nas vendas desde o ano 1993, cando as matriculacións de automóbiles en España descenderon un 28 por cento.

Outro dos datos relevantes na comparativa no tocante aos números rexistrados no primeiro semestre de 2008 é que os seis primeiros meses deste ano foron o primeiro semestre máis baixo en volume de vendas desde hai dez anos cando se matricularon 621.000 vehículos en España. En canto ao mes de xuño, segundo os datos ofrecidos por Anfac e Ganvam, as matriculacións sufriron un descenso do 30,8 por cento en relación ao pasado ano 2007.

02/07/2008

Últimas noticias

> Condución Eficiente.Consumo Intelixente
> Os fabricantes españois duplican os seus beneficios no 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.