A nova aposta de Opel é xa unha realidade, trala súa presentación a finais do pasado mes de xullo. O novo Opel Insignia, representa un coche elegante e confortable, cun completo equipamento. Sistemas innovadores como o aviso de cambio involuntario de carril, ou o recoñecemento dos sinais son algunhas das novidades que ofrece a nova aposta de Opel.
O Salón Internacional do Automóbil de Londres, o pasado mes de xullo, tivo o privilexio de acoller “a première” do novo modelo que Opel lanza ao mercado a partir do vindeiro mes de setembro. O novo Opel Insignia representa un paso firme da marca Opel, cunha aposta pola elegancia e o confort como dúas das principais características deste modelo, e tamén a innovación en canto aos diferentes elementos ou sistemas que inclúe o equipamento do coche.
Malia que sae á venda o próximo mes de Setembro, as primeiras unidades non se entregarán ata o mes de xaneiro de 2009. Nunha primeira fase só estará dispoñible en carrozarías de catro e cinco portas, dando paso a mediados de 2009 a unha nova carrozaría familiar. O novo Insignia inclúe un equipamento moi completo no que entre outras moitas cousas inclúe trazos tan novos como un dispositivo de aviso de cambio de carril involuntario, que non só recoñece as liñas da estrada, senón tamén certos sinais de tráfico.
A nova aposta de Opel montará unha gama de sete variantes de motores, dos que catro serán gasolina e tres diésel, cumprindo todos coa normativa Euro 5. En gasolina, tres motores de catro cilindros que van desde o de 115 cabalos, até o de 220 cabalos e un único motor de seis cilindros, o de 2,8 litros V6 Turbo de 260 cabalos. Os motores diésel van desde os 110 até os 160 cabalos. En canto ao equipamento de serie, o Opel Insignia inclúe seis airbags, control de estabilidade, repousacabezas dianteiros activos, fixacións Isofix para tres asentos infantís, aire a condicionado e control de velocidade de cruceiro.
20/08/2008
Últimas noticias
> A DXT fai balance da ponte do 15 de agosto
> Tráfico prevé máis de seis millóns de desprazamentos durante a pont
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.