Elegancia, harmonía e confort son tres das características que evoca a liña do novo modelo que a firma Renault presenta no Salón do Automóbil de Moscova. O novo Renault Symbol quere entrar no sector das berlinas cun bo nivel e para iso preparou a conciencia un modelo onde o nivel de motor e as grandes prestacións do vehículo son a base.
Liñas expresivas cunha lonxitude de 4,26 metros e unha altura de 1,43 metros: así se presenta este novo modelo da firma francesa do rombo que ten como destino os principais mercados de Europa central e oriental ademais dos países do Magreb. Cun habitáculo cómodo e coidado, o novo Symbol coida cada detalle no seu interior para obter un resultado de confort, característica importantísima no sector das berlinas, vehículos pensados para familias.
A sensación de amplitude e comodidade interior compleméntase coa liña exclusiva exterior onde destaca o seu frontal, cun deseño novo de luces e de grella. Na parte traseira, as liñas marcan robustez, combinada á vez coa elegancia que ofrece o embelecedor da calandra. Ademais, o novo Renault Symbol ten un maleteiro xeneroso que responde ás expectativas dunha berlina de alto nivel.
En canto ás motorizacións, hai que destacar os propulsores de última xeración que monta, de elevadas prestacións, respectuosos co medio ambiente. Preséntase con motorizacións tanto de gasolina coma diésel, e ámbolas dúas ofrecen unha condución económica tanto na estrada coma na cidade.
26/08/2008
Últimas noticias
> España pon freo á mortalidade nas estradas
> O airbag: complemento perfecto do cinto de seguridade
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.