Coa chegada de Semana Santa e a previsión, como cada ano, dun gran número de desprazamentos por estrada ao longo do país, todas as precaucións que se tomen son poucas de cara a preparar unha viaxe longa como as que se realizan estes días. A meteoroloxía, o estado das estradas, a revisión do coche e o respecto máximo ás normas de circulación son puntos a ter en conta de cara a un traxecto por estrada.
Un dos principais factores que hai que ter en conta á hora de viaxar pola estrada en desprazamentos longos como os que se realizan en períodos de vacacións como o que chega de Semana Santa é a meteoroloxía. Así como no verán as condicións meteorolóxicas están marcadas pola calor, neste caso o frío, a néboa, o vento e a chuvia son factores que deben marcar a preparación da viaxe durante estas datas. Por iso hai que tentar recoller toda a información que nos poda ser útil, de cara a saber o tempo previsto para estes días, así mais o estado das estradas. Durante estas datas é recomendable viaxar con roupa de abrigo, teléfono móbil e depósito o cheo, tendo prevista desta maneira calquera situación inesperada durante a viaxe.
Estes períodos de vacacións caracterízanse tamén porque os traxectos que se realizan na estrada son máis longos dos feitos durante todo o ano, por iso un factor a ter en conta é a preparación do vehículo para este tipo de viaxes. Antes de comezar a viaxe hai que revisar o vehículo, comprobando todos os niveis, a presión dos pneumáticos e hai que ter previstas as baixas temperaturas, que durante esta etapa do ano son unha constante. O obxectivo é adecuar o vehículo con vista aos quilómetros que imos realizar. Equipar o coche con bebida e comida é sempre importante de cara a un desprazamento longo e se viaxamos con nenos, tentar levar no coche algún xogo ou xoguete que os manteña entretidos durante o traxecto.
Unha vez en estrada, debemos preocuparnos por respectar en todo momento as normas de circulación e extremar as precaucións, xa que nesta época do ano non é raro atoparnos con fenómenos meteorolóxicos como a chuvia, o vento, a néboa ou mesmo o xeo, que dificultan a condución. Outro factor a ter en conta é o gran número de desprazamentos que se producen nestes días que en moitos casos fan que o tráfico sexa máis pesado do habitual. Por mor disto, ha que respectar sen excepción as normas de circulación, a distancia de seguridade e o control da velocidade.
11/03/2008
Últimas noticias
> Febreiro reduce de maneira importante as vítimas na estrada
> Volve o Volkswagen Scirocco
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.