A Gran Semana da Moto, MotOh! BCN, abriu as portas da súa edición do 2008 para consolidarse como unha das mostras máis importantes do ano para o mundo da moto. As mellores marcas do sector presentan estes días en MotOh! BCN, as súas novidades, equipamento e produtos, ademais de moitas actividades para o goce dos afeccionados ao mundo da moto.