Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motos > Noticias > Actualidade
Campaña da DXT para o uso do casco

Copy Motesa Honda

A Dirección Xeral de Tráfico leva a cabo durante estes días unha campaña especial para controlar e sobre todo concienciar aos motoristas sobre a importancia que ten para a súa seguridade o uso do casco. Tráfico amplía estes días os seus dispositivos para controlar o uso do casco nas estradas e ao mesmo tempo concienciar sobre a súa importancia a través de advertencias nos medios de comunicación.

A campaña que ten en marcha a DXT para a vixilancia e concienciación do uso do casco, mobiliza estes días a un importante número de axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e tamén da policía autonómica e municipal, que controlarán polo menos 50.000 motocicletas e ciclomotores. O incumprimento da norma está sancionado con multas de até 300 euros, tres puntos menos no permiso de conducir, ademais da posible inmobilización do vehículo, moto ou ciclomotor.

Malia que o uso do casco se xeneralizou entre os motoristas nos últimos ano, aínda hai unha ampla porcentaxe de condutores que non utilizan sempre o casco. Isto é palpable ao ollar as cifras e ver que un 30 por cento dos usuarios de ciclomotor que son vítimas de accidentes de tráfico non levan o casco posto. Só durante o pasado ano 2007, foron 528 as persoas que perderon a vida na estrada sobre unha motocicleta.

O uso do casco protexe ao motorista das lesións máis graves que pode sufrir en caso de accidente, que son as de cabeza. Ademais o uso do casco reduce as vítimas nun 50 por cento e evita dúas de cada tres lesións cerebrais. O obxectivo final destas campañas é sen dúbida alcanzar a maior porcentaxe posible de uso do casco entre os motoristas.

15/05/2008

Últimas noticias

> MotOh! pecha as súas portas con 220.000 visitas
> O MotOh!BCN arrinca coa presenza de Dani Pedrosa


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.