Xerez: motos, música e moito máis - repsol.com

Repsol YPF

Banner

repsolypf.com

Barra de Herramientas Portada

  • Inicio
  • | Correo
  • | Boletíns
  • | Máis Servizos
  • | Tenda
Motor Motos

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motos > Noticias > Actualidade
Xerez: motos, música e moito máis

Chega o Gran Premio de Xerez de motociclismo e con el unha mobilidade importante de afeccionados que durante a próxima fin de semana se desprazarán até a cidade andaluza para gozar das motos. Ademais e acompañando por segundo ano consecutivo ao Gran Premio de Xerez, esta todo listo para que MotoXerez, o gran salón da moto abra as súas portas para todos os afeccionados ao motociclismo.

Por segundo ano consecutivo e co recinto feiral IFECA como escenario, o Gran Premio de Xerez terá este ano como acompañante ao salón MotoXerez.nesta segunda edición todos os afeccionados que se acheguen até a cidade andaluza poderán atopar expositores con multitude de accesorios e produtos directamente relacionados co sector do motociclismo, e tamén un bo número de actividades e espectáculos como Free Style, circuítos de minimotos e quads, escola de condución ou super motards.

Ademais da segunda edición do salón MotoXerez, que acompaña de novo ao Gran Premio deste ano, o Concello da cidade preparou un plan especial para esta próxima fin de semana na que o ambiente da cidade xira en torno ás dúas rodas. Entre as actividades impulsadas polo consistorio xerezano, o afeccionado que se atope na cidade durante estes días vai poder gozar da música con multitude de concertos, onde actuarán grupos como Melocos, El Desván del Duende ou Quilate, que porán son ao ambiente moteiro que depara o Gran Premio de motociclismo.


27/03/2008

> Site especial Xerez 2008



Pie de página

Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.