Rieju prevé reducións no seu cadro de persoal e produción
As consecuencias do anuncio da nova lexislación a partir do vindeiro mes de setembro, que o Goberno realizará a través dun Real Decreto co que aumentará a idade para conducir ciclomotores dos 14 aos 15 anos, xa está a ter as súas consecuencias nas empresas do sector. Desta maneira e a expensas que pase coa aplicación dese Real Decreto, a firma Rieju prevé unha redución da seu cadro de persoal dunhas 30 persoas e que a súa produción será un 50 por cento menor á actual. Anesdor prevé un descenso de matriculacións en 2008
A patronal sectorial Anesdor prevé un descenso importante das vendas de motos en España para este ano 2008. As matriculacións, segundo a patronal do sector das dúas rodas, descenderán preto dun 13 por cento durante este ano, debido entre outras cousas a cambios normativos como o proxecto para aumentar a idade mínima para conducir ciclomotores. Anesdor pide agora un tempo ao Goberno antes de aplicar medidas coma o cambio na idade mínima para conducir ciclomotores, porque pon en perigo a continuidade dalgunhas fábricas.Barcelona procura mellorar a seguridade dos motoristas
O Concello de Barcelona preparou, de momento como proba, unhas grellas amarelas pintadas na calzada, por diante da saída de semáforos que lle permitirán aos usuarios de motos e ciclomotores mellorar a visibilidade nos cruces. Desta maneira, o obxectivo é reducir os accidentes acontecidos nos cruces, semáforos e demais interseccións, onde en moitas ocasións a falta de claridade nas indicacións é nefasta para os pilotos de motos e ciclomotores.Valencia e a ITV para as motos
Os últimos datos que chegan dende a Comunidade Valenciana polo menos resultan preocupantes para Tráfico. Segundo os últimos datos só un 30 por cento das motocicletas e ciclomotores que circulan pola rede viaria da Comunidade Valenciana cumpre coa normativa de pasar a ITV nos prazos establecidos. Isto ven dicir que sete de cada dez motos e ciclomotores nesta comunidade circulan sen ter pasado a revisión técnica correspondente da ITV. O parque moteiro da Comunidade valenciana ascende a 129.813 vehículos, o que supón que preto de 91.000 motocicletas circulan sen ter pasado a ITV correspondente. Harley-Davidson antes en Europa que nos Estados Unidos
A firma norteamericana de motocicletas Harley-Davidson presentou xa en España o novo modelo XR 1200, con obxectivo de que saia á venda en Europa antes que nos Estados Unidos este modelo. Segundo os datos achegados pola marca, este novo modelo foi desenvolvido entre a súa sede central en Milwaukee e o grupo de planificación de produto da firma en Europa.