Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vehículos Industriais > Noticias > Actualidade
Adiantar será máis doado para autocares e camións

As dificultades que até o día de hoxe teñen os condutores de camións, autocares e demais vehículos de grandes dimensións á hora de facer manobras de adiantamento ou cambio de carril, semellan ter unha porta aberta para poder solucionarse. A solución chega cun proxecto que desenvolveron na Universidade Politécnica de Catalunya.

A Cátedra Applus en Seguridade do Automóbil da Universidade politécnica de Catalunya levou a cabo un Proxecto que deu como froito un novo sistema que informa aos condutores de camións e autocares en tempo real da distancia dos vehículos que os seguen. Iso facilítalles moito a mobilidade á hora de realizar adiantamentos ou cambios de carril nas estradas.

Este desenvolvemento do sistema funciona mediante catro sensores de ultrasóns, dous en cada lateral traseiro do vehículo en cuestión, que se poñen en marcha cando o condutor activa a luz do intermitente. Desta maneira o sistema avisa ao propio condutor polo cadro de luces se é ou non posible realizar a manobra. Os sensores utilizados alcanzan unha distancia de seis metros e realizan 10 lecturas por segundo.

Segundo o responsable do proxecto, David Gallegos, este novo sistema tería un prezo de preto de 150 euros con instalación incluída, modesta cantidade en relación coa calidade e importancia do servizo, de cara ao labor que realizan os condutores de camións e autocares. O proxecto mellora un dos principais problemas cos que se atopaban os condutores de camións, autocares e demais vehículos industriais.

22/04/2008

Últimas noticias

> O primeiro taller de España de vehículos industriais
> A venda de camións condicionada pola construción


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.