Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vehículos Industriais > Noticias > Actualidade
Hyundai i800 e H1 Van: abríndose paso

Copy Hyundai

A firma coreana Hyundai está a abrirse paso a modiño no complicado sector dos vehículos comerciais e monovolumes, no que están a conseguir transmitir seguridade no nivel de equipamento que ofrecen vehículos como o renovado H1. Agora, sae baixo a denominación de Hyundai i800 para a súa versión de turismo polivalente e H1 Van para o seu vehículo comercial.

Hyundai conseguiu facerse un oco importante nos últimos anos no mercado dos turismos, chegando mesmo a acadar galardóns e premios como o que se levou o Hyundai i30 ao mellor coche do ano 2008 en España. Sen dúbida, e como outro paso importante na industria da automoción, a firma coreana cada vez ten maior protagonismo no sector dos monovolumes e vehículos comerciais.

Desta maneira, Hyundai segue na liña coa que triunfou no mercado dos turismos, é dicir, vehículos cun excelente equipamento e unha resposta eficiente na estrada. Este é o caso do modelo Hyundai H1, que se renova e volve ao mercado en dúas versións, segundo as necesidades do consumidor. O monovolume turismo, coa denominación i800 e o destinado a labores comerciais e de traballo que é o H1 Van que mantén a denominación.

Ámbolos dous modelos ofrecen un motor de catro cilindros en liña de 2.500 centímetros cúbicos, con inxección directa e sobrealimentado con turbocompresor e unha potencia de 170 cabalos. Malia que de momento é o único propulsor que montan o H1 Van e o i800, está previsto que a firma coreana amplíe a outro motor máis de 136 cabalos na versión comercial.

03/07/2008

Últimas noticias

> Fiat Fiorino Cubo: do traballo á vida familiar
> Volkswagen Multivan United: edición limitada


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.