Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vehículos Industriais > Noticias > Actualidade
Mercedes-Benz desenvolve un novo centro de probas

O fabricante alemán mercedes-Benz concluíu recentemente a construción dun novo centro de probas para camións e vehículos industriais, incluído no seu proxecto a mellora dos seus procedementos de revisión e probas con este tipo de vehículos. O fabricante de automóbiles e vehículos comerciais investiu preto de 80 millóns en desenvolver este novo proxecto.

A nova instalación, que Mercedes-Benz construíu na súa planta alemá de Wörth, supón un paso máis no proxecto que está a levar a cabo o fabricante de cara a mellorar, revisar e probar os distintos vehículos industriais que desenvolve a firma alemá. Preto de 80 millóns custou a construción deste novo centro, que tivo dúas etapas ben diferenciadas. A primeira fase concluíu na primavera do pasado ano 2007 e a segunda e última fase acaba de rematar hai ben pouco.

Na inauguración do centro, o responsable de Vehículos Industriais do consorcio Daimler, Andreas Renschler, fixo fincapé na importancia da creación dunha rede de centros de Daimler Trucks. O novo centro, no que traballarán preto de 300 persoas, conta con 14 tipos de solos diferentes, con superficies para realizar distintas probas, como por exemplo as de freada, entre outras, que valorarán a calidade dos vehículos e os diferentes sistemas dos vehículos industriais da firma.

19/06/2008

Últimas noticias

> Multivan Panamericana: un moinante ben equipado
> Máis de 400 furgonetas déronse cita en Xirona


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.