A firma Volkswagen Vehículos Comerciais lanzou ao mercado o novo Multivan United, modelo que substitúe ao anterior Multivan Atlante e que chega como unha edición limitada. Trátase dun modelo exclusivo, cun interior baseado na comodidade e o confort, cunha liña exterior atractiva e unha gama de motores e prestacións adecuada ás necesidades de hoxe en día.