
Tras a excelente acollida da súa primeira edición en 2005, a Fundación da Asociación Española de la Carretera (FAEC) convocou recentemente a segunda edición do Premio Internacional á Innovación en Estradas Juan Antonio Fernández del Campo. A FAEC recibiu xa os primeiros traballos, o que dá mostra das notábeis expectativas que espertou este certame no mundo viario de fala hispana.
Este premio internacional pretende contribuír ao desenvolvemento da tecnoloxía de estradas en todo o mundo a través da realización de estudos e investigacións en materia viaria. E para iso, inspírase na figura do xa falecido Juan Antonio Fernández del Campo, doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e presidente durante unha década da AEC. Como xa sucedera na primeira edición, José Luis Elvira, director técnico da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, é o presidente dun xurado composto por expertos en estradas.
Este certame internacional conta co patrocinio de Caja Caminos, Repsol YPF e Cepsa-Proas, coa colaboración institucional da Dirección Xeral de Estradas da Consellaría de Transportes e Infraestruturas da Comunidade de Madrid e coa colaboración empresarial de Dragados, Oficemen (Agrupación de Fabricantes de Cemento de España), Acciona Infraestructuras, Eiffage Infraestructuras, Euroconsult, FCC Construcción, Ferrovial Agromán, Grupo Isolux Corsán, OHL e Sacyr.
Ao recoñecemento público internacional que supón este galardón hai que sumar a dotación económica que se estabelece nas bases: 12.000 euros para o proxecto gañador.
O prazo de recepción de orixinais finaliza o 16 de maio de 2008.
Ver bases do premio (PDF 2,58 Mb)
Para máis información: Fundación da Asociación Española de la Carretera (FAEC) -Tel. 915 779 972 - mrodrigo@fundacionaec.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.