Goza xa da calefacción individual de Gas Natural, o confort, a comodidade e a economía da que se aproveitan xa máis de 1.000.000 de fogares. Aquí tes algunhas preguntas e respostas que seguro que serán do teu interese:
É un sistema de calefacción que che ofrece gran comodidade e confort para ti e os teus, porque quenta o teu fogar a través de radiadores por toda a casa e ademais funciona con gas natural, unha enerxía limpa e económica. Todo isto coa garantía e o servizo de Gas Natural.
Máximo confort
Porque o sistema de radiadores leva a calor ata o último recuncho da túa casa de forma homoxénea e totalmente regulado nas distintas estanzas do teu fogar.
Comodidade
Porque non terás que ocuparte de nada: co termóstato programador poderás regular e programar a temperatura que queiras, a diferentes horas do día e en días distintos, terás a temperatura que queiras en todo momento. Ademais, ao ser unha calefacción que utiliza gas natural, a subministración de enerxía é continua, polo que polo que poderás esquecer prever con antelación cando a necesitas ou se se che remata.
Economía
Gas Natural ofréceche grandes facilidades económicas para pagar a instalación da calefacción. Isto, unido á economía do gas natural como enerxía, fai que todo o mundo poida gozar da mellor calefacción.
Unha caldeira quenta a auga que fai circular a través dos radiadores que, distribuídos estratexicamente, reparten a calor de forma homoxénea por toda a casa.
Máximo confort
Podes ter toda a casa á mesma temperatura, evitando os molestos cambios bruscos de temperatura dun cuarto a outro. A colocación estratéxica dos radiadores permite unha calor homoxénea en toda a casa.
Calor regulábel
Coa instalación dun termóstato, podes manter o nivel de temperatura que queiras en cada unha dos cuartos. E se ademais os termóstatos son programábeis, podes estabelecer horarios de arranque e de apagamento, axustar temperaturas segundo os días da semana, segundo as horas do día, etc. Esta capacidade de control e regulación dos equipos de calefacción permítenche obter o confort desexado co mínimo gasto.
Calor sa
O sistema de radiadores ofrece unha calor saudábel, sen excesos, gradual e uniforme, evitando os sistemas de aire tan prexudiciais para as persoas con problemas alérxicos ou respiratorios, nin combustións que emitan gases tóxicos.
Auga quente ilimitada
Unha caldeira mixta permite beneficiarte da subministración instantánea e ilimitada de auga quente para baños e cociña, sen cortes nin interrupcións.
Economía
O gas natural é a enerxía de subministración continua máis económica. Ademais, os aparellos que funcionan con gas natural son de última xeración e aproveitan ao máximo a enerxía que utilizan, o cal supón un maior aforro. Cada vivenda ten o seu propio contador. Así sempre poderás controlar o gasto.
Subministración continua
Recibes a enerxía na túa casa sen necesidade de facer pedidos previos, nin sufrir cortes nin interrupcións no servizo. Ademais non tes que almacenala na casa e así evitas riscos e aforras espazo.
Limpeza
O gas natural é unha enerxía limpa e respectuosa co medio. A combustión do gas natural non xera residuos, nin gases como outras enerxías de orixe fósil.
O gas natural consómese tal e como sae da terra, sen sufrir procesos industriais contaminantes.
Potencia
A subministración de gas natural proporciona un nivel de potencia tan elevado que permite a utilización simultánea de todos os aparellos instalados na túa vivenda.
Para poder gozar da calefacción de gas natural, non tes que facer obras nin instalacións molestas. Simplemente, o instalador, colocará unha caldeira e colgará os radiadores nos lugares máis idóneos. Os pequenos tubos que unen a caldeira e os radiadores colócanse de forma disimulada e pasan dun cuarto a outro por pequenos orificios na parede. En menos dunha semana instálanche a túa calefacción individual de gas natural dunha forma cómoda e rápida para que poidas gozar das súas vantaxes o antes posíbel.
Gas Natural ofrece a todos os seus clientes o financiamento do 100% dos custos de instalación da calefacción individual de gas natural, ata en 5 anos e sen trámites nin avais (importe máximo financiado: 500.000 ptas, 3.005 euros). Ademais pódese pagar en cómodas cotas xunto á factura do gas.
A estas facilidades hai que engadir as distintas ofertas que, segundo a época do ano, ofrece Gas Natural.
A calefacción de gas natural é a máis desexada e a que ofrece unha maior satisfacción. Estes son os motivos:
Fronte aos sistemas modulares
Porque a calefacción de gas natural permíteche ter toda a casa caldeada dunha forma uniforme. Ademais estes sistemas modulares, normalmente teñen un elevado consumo de combustíbel.
Fronte aos sistemas de acumuladores nocturnos
A calefacción de gas natural ofréceche a total despreocupación xa que non é necesario prever con antelación cando se vai necesitar utilizala.
Fronte a bomba de calor
A calefacción de gas natural é unha solución óptima mesmo nas zonas de máis frío. Ademais a calefacción a través de radiadores, en comparación cos sistemas por aire, é máis saudábel e cómoda ao non precisar a limpeza periódica de filtros.
Os consumos varían moito dependendo da zona climática do país, así como das dimensións da vivenda, da súa orientación, etc. Pero de xeito xeral, pódense estabelecer os seguintes rangos de consumo (media dos 365 días do ano):
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.