
Entre as fontes de enerxía, o gas natural caracterízase pola súa eficiencia, limpeza e competitividade. O gas natural é tamén unha enerxía versátil, que se pode empregar tanto no fogar como no comercio e na industria. No fogar, o gas natural quenta con rapidez, non necesita almacenaxe previa e é o combustíbel que menos contamina. O comercio e a industria benefícianse da calidade da lapa do gas natural, unha lapa regular e sen impurezas.

O gas natural pode utilizarse nos fogares para cociñar, lavar e secar, e obter auga quente, calefacción e climatización. E no xardín, o gas natural permite cociñar en grellas e quentar patios e terrazas. Na cociña, as vitrocerámicas son, na actualidade, os máis modernos equipos de cocción. Á súa limpeza e comodidade engádese a economía do gas natural.
Os gasodomésticos para cociñar con gas, como por exemplo, as encimeiras e as cociñas moble, están equipadas agora cos dispositivos máis modernos: arranque electrónico e sistemas termopar que cortan o paso do gas se se apaga a lapa. Os fornos de gas son programábeis, autolimpábeis e dispoñen dun arranque automático. O vapor de auga da combustión do gas permite, nestes fornos, que os alimentos non se resequen. O gas natural tamén se aplica ás lavadoras e ás lavalouzas, que usan a auga quentada pola caldeira ou polo quentador de auga e conseguen substanciais aforros de tempo e diñeiro. As secadoras poden instalarse illadas ou en columna coa lavadora. A súa rapidez e eficacia permítelles aforrar máis dun 60% do custo en cada carga.

Os quentadores de gas natural producen auga quente ao instante e sen límite. Estes quentadores funcionan só cando se necesita auga quente, o que permite un máximo aforro de enerxía. Os acumuladores almacenan auga quente para cando se necesite en varios puntos á vez e en grandes cantidades. O gas natural tamén permite quentar os fogares alcanzando o máximo confort. As caldeiras de calefacción mixtas (calefacción máis auga quente) poden ser para unha soa vivenda (individuais) ou para todo un edificio ou unha urbanización (colectivas). Estas caldeiras son regulábeis e programábeis para ter o confort necesario en calquera momento.
Os radiadores murais autónomos producen unha calor instantánea só no cuarto que se desexe e non consomen aire interior da vivenda. As chemineas de gas natural teñen unha lapa real, non producen cinzas nin rescaldos e acéndense automaticamente.
O gas natural ofrece a máxima economía na climatización dos fogares, con equipos modulares que poden adaptarse a grande parte das necesidades existentes.
No xardín, as grellas gas natural ofrecen a máxima limpeza, posto que non producen cinzas nin outros residuos sólidos. Os quenta-patios xeran unha campá de ambiente morno que permite aproveitar terrazas e xardíns mesmo en épocas frías.

No comercio e na industria, o gas natural pode utilizarse en calquera proceso de xeración de calor ou frío, na coxeración de enerxía térmica e eléctrica, e na xeración de electricidade.
A combustión do gas natural permite regular mellor a temperatura das cámaras de combustión dunha extensa gama de equipos e aplicala directamente ao tratamento de múltiples produtos.
Como combustíbel, o gas natural utilízase nos sectores industriais que necesitan enerxía térmica limpa, eficaz e económica: fornos, fundicións, tratamentos térmicos, cubas de galvanizado e calefacción de grandes locais (polideportivos e naves industriais ou comerciais).
O gas natural tamén permite climatizar e xerar frío para edificios e cámaras industriais ou producir xeo para as pistas de patinaxe.
Outra aplicación de actualidade e cun gran futuro é a coxeración. A coxeración con gas natural produce conxuntamente enerxía eléctrica (ou mecánica) e calor útil para fábricas, centros sanitarios e hoteleiros, e grandes complexos urbanísticos.
A coxeración con gas natural reduce en boa medida a emisión de contaminantes. O gas natural utilízase cada vez máis na xeración de electricidade en centrais térmicas convencionais ou de ciclo combinado. Este proceso permite aforrar enerxía, e ademais diminuír os niveis de contaminación.
Polo seu alto contido en hidróxeno, o gas natural é a materia prima máis utilizada na produción de amoníaco para fertilizantes, así como noutras aplicacións petroquímicas.
Máis información en gasnatural.com
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.