Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Gas natural > Información do produto > O gas natural
O gas natural

O gas natural é unha enerxía de orixe fósil que se atopa no subsolo e procede da descomposición de materia orgánica atrapada entre estratos rochosos. O gas natural é unha mestura de hidrocarburos lixeiros entre os que destaca o metano (CH4). Tal como se extrae dos xacementos, o gas natural é un produto incoloro e inodoro, non tóxico e máis lixeiro que o aire. Unha vez extraído do subsolo, debe transportarse ás zonas de consumo, que poden estar preto ou a miles de quilómetros de distancia. O transporte dende os depósitos ata as áreas de consumo realízase a través de canalizacións de aceiro de gran diámetro, chamadas gasodutos.

Buques metaneros

Cando o transporte se fai por mar e non é posíbel construír gasodutos submarinos, o gas cárgase en buques metaneiros. Nestes casos o gas licúase a 160 graos baixo cero para poder reducir o seu volume 600 veces. No porto receptor, o gas descárgase nas plantas ou terminais de almacenamento e regasificación. 


Instalación industrial de gas natural

Alí permanece almacenado en grandes tanques a presión atmosférica e inxéctase logo na rede de gasodutos para o seu transporte aos centros de consumo. Todas as instalacións que transportan o gas son subterráneas e están pensadas para facer posíbel a plena restitución e respectar a paisaxe.

Máis información en gasnatural.com 



Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.