

EXCLUSIVAS PROPIEDADES DETERXENTES
Diesel e+ protexe o sistema de alimentación e inxección contra ensuciamentos que poden penalizar a potencia, o consumo de combustíbel e as emisións contaminantes.
Ver máis
FORMULACIÓN ESPECÍFICA ANTICORROSIÓN
Diesel e+ impide a oxidación das partes metálicas do sistema de alimentación e outras partes do motor que están suxeitas a corrosión polo contacto co combustíbel.
Ver máis
MOLÉCULAS ANTIESCUMANTES
Diesel e+ evita a formación de escumas durante a recarga. Desta forma, a boca do surtidor funciona de forma correcta, permite unha enchedura completa do depósito e evita as incómodas salpicaduras.
Ver máis
ÓPTIMO NÚMERO DE CETANO
Diesel e+ ten un número de cetano optimizado para asegurar unha combustión máis suave, o que se traduce nun doado arranque en frío e unha minimización da emisión de fumes brancos.
Ver máis
Ademais incorpora dúas propiedades que fan do Diesel e+ un gasóleo axeitado para as máis altas esixencias:
SISTEMA DESACTIVADOR DE METAIS
Diesel e+, ao incorporar o desactivador de metais, evita a formación de insolúbeis metálicos non prexudicando deste xeito o rendemento do motor.
Ver máis
BAIXO NIVEL DE XOFRE
Diesel e+, baixo en xofre (<50 ppm), é un carburante especificamente deseñado para protexer e alongar a vida de todos os motores diésel.
Ver máis
Se queres ver a ficha técnica preme aquí.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.