Dicionario
Aquí podes atopar o significado dos termos relacionados cos contidos desta sección. Preme sobre cada palabra para acceder á súa descrición.
A-B C D E-H I-O P-R S-Z
ACEA
Siglas da Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles.
Admisión
Fase durante a cal se produce a enchedura do cilindro. Mentres a válvula de admisión está aberta e o pistón realiza o percorrido descendente, dende o punto morto superior (PMS) ata o punto morto inferior (PMI). O baldeiro que deixa o pistón transmítese polo conduto de admisión para recoller o aire da atmosfera e introducilo ao motor. Nos motores diésel a admisión prodúcese soamente con aire.
Anticorrosión
Elemento ou características do elemento que evita a oxidación dun material ao dificultar a reacción do osíxeno co material protexido (véxase tamén
antioxidante).
Antiescumante
Elemento ou característica do elemento utilizado para evitar a formación de escuma cando un líquido é batido ou ten entradas de aire.
Antiferruxe
Elemento ou característica do elemento utilizado para evitar a condensación e acumulación da auga sobre a superficie dun material. Evita que se forme ferruxe sobre o material.
Antioxidante
Elemento ou característica do elemento que evita a oxidación dun material ao dificultar a reacción do osíxeno co material protexido (véxase tamén
anticorrosión).
ASTM
Siglas da American Society for Testing and Materials.
Auto Oil II
Programa técnico de traballos apoiado polas empresas construtoras de automóbiles, as empresas petroleiras e a Unión Europea, que determina o efecto da composición do combustíbel nas emisións dos vehículos utilizados para o transporte por estrada, a partir do ano 2005.
Bomba de combustíbel
Elemento do circuíto de alimentación, encargado de levar o combustíbel cara á bomba de inxección, e que evita que estando parado o motor, o circuíto se descargue cara ao depósito de combustíbel. A bomba de combustíbel está situada no depósito de combustíbel motor.
Bomba de inxección diésel
Elemento do sistema de alimentación, cuxa finalidade é a distribución do combustíbel aos distintos cilindros, a través dos inxectores, para a combustión. A bomba de inxección diésel é a encargada da aspiración do combustíbel, da regulación do réxime, do avance á inxección, da parada do motor, en definitiva, é o corazón da motorización diésel.
Bomba inxectora
Sistema de inxección diésel que consiste en separar cada corpo inxector dunha bomba en liña e colocalo preto da cámara de combustión. Cada inxector deixa de estar accionado polo eixe da bomba e acciónase directamente dende unha leva colocada na árbore de levas. O control do caudal inxectado pódese realizar de forma electrónica a través dunha central. A vantaxe que achega é o reducido percorrido do combustíbel cando está sometido a alta presión, evitando as flutuacións que aparecen nos condutos das bombas en liña ou rotativas. Pode traballar con presións de inxección superiores a 2000 bar.
Bocal
Dispositivo regulador situado ao final da mangueira que serve para controlar o fluxo de combustíbel do surtidor cara ao depósito do coche.