

O CARBURANTE DIÉSEL MÁIS AVANZADO
O novo Diesel e+10 convértese no novo compromiso tecnolóxico cos carburantes de última xeración.
Diesel e+10 proporciona innovación e exclusividade con propiedades que satisfán os máis altos requirimentos dos fabricantes de automóbiles e dos condutores máis esixentes.
Así nace un novo carburante con vantaxes adicionais, 100% de Repsol, sen xofre e cun Sistema Desactivador de Metais o que optimiza e potencia o rendemento dos motores diésel de última xeración.
Diesel e+10 é un claro exemplo do compromiso que Repsol YPF asume co ambiente e cos usuarios.

Anticipándose e adaptándose ás novas tecnoloxías, Repsol YPF continúa realizando constantes investigacións e rigorosos ensaios dos seus gasóleos, co afán de satisfacer as demandas do mercado e as necesidades dos seus clientes.
Estas actividades ligadas á tecnoloxía comprenden tanto a investigación e o desenvolvemento de novos produtos e procesos de produción, como o soporte dirixido a incorporar melloras tecnolóxicas aos xa existentes. Froito deste esforzo desenvolvéronse hoxe os carburantes do futuro que superan os convencionais.
Así nace Diesel e+10, o novo gasóleo de tipo A.
A aposta tecnolóxica sitúa a Repsol YPF unha vez máis na vangarda das novas tecnoloxías ao ofrecer unha nova gama de carburantes diésel, engadir así unha diferenciación única no mercado e responder ás máis altas esixencias de todos os motores diésel.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.