

PARQUE TOTAL
Polo lado do parque total de automóbiles en España, se ben segue sendo maior a cantidade de coches a gasolina, nos últimos anos pódese ver que o valor de diésel aseméllase ao de gasolina.
A evolución do parque total en España nos últimos anos está identificada por dúas claras accións: por un lado o alto número de matriculacións de vehículos diésel fronte aos de gasolina e por outro que a substitución de vehículos de antigos modelos de gasolina realízase por aqueles de tipo diésel.
Este fenómeno produciu que as cifras de vehículos de gasolina do parque total evolucionaran do 78% (ano 1994) ao 58% (ano 2003). Por outro lado os vehículos diésel alcanzan o 42% (ano 2003) fronte a o 22% que ocupaban no ano 1994, e duplicab a cifra daquel ano.
Ver gráfico animado
(Parque total por tipo de carburante en España)
MATRICULACIÓNS:
Nos últimos anos introducíronse importantes melloras por parte dos fabricantes de automóbiles o que contribuíu a estender con rapidez a utilización do gasóleo por todo Europa, non só en vehículos pesados, senón tamén en automóbiles particulares. O espectacular incremento do número de vahículos con motor diésel, fixo do gasóleo de automoción o proxecto máis dinámico do mercado español de carburantes durante os últimos anos e á cabeza deste proceso atópase Repsol YPF. Dende hai algúns anos, en España, as matriculacións de vehículos diésel superan as de vehículos de gasolina, pasando do 34% no ano 1994 a valores de 64% no ano 2003 segundo estatísticas realizadas por a DGT.
Ver gráfico animado
(Matriculacións por tipo de carburante en España)
É o fenómeno a través do cal os consumidores do sector automotor van substituíndo os vehículos impulsados por motores de gasolina por vehículos impulsados por motores diésel. Unha das principais causas foi os constantes desenvolvementos tecnolóxicos para a adaptación dos motores diésel ás prestacións dos de gasolina.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.