

O AMBIENTE
O coidado do medio, a seguridade e o compromiso ambiental orientan o crecemento de Repsol YPF de forma compatíbel cos principios do desenvolvemento sostíbel.
AS ESIXENCIAS
Por esta razón Repsol YPF adiantouse á normativa Europea de 2009 dispoñendo na súa gama de produtos do Diesel e+10, un gasóleo sen xofre que garante a redución de emisións contaminantes e protexendo o ambiente.

BENEFICIOS PARA O TEU COCHE
Os actuais motores de última xeración posúen sistemas de pos-tratamento. Estes sistemas consomen combustíbel ao rexenerarse. Co Diesel e+10, ao ser un combustíbel sen xofre, esta rexeneración lévase a cabo con menos frecuencia, o que leva a que o consumo global sexa menor.
Nos motores diésel convencionais, compróbase a través de ensaios efectuados no programa Auto Oil II, que as emisións de partículas son menores.
En consecuencia, a ausencia do xofre favorece o rendemento dos filtros de partículas, reduce o consumo nos motores diésel de última xeración, e produce unha combustión máis limpa nos motores convencionais.
Aseguramento da ausencia de xofre

¿QUE SON AS ppm?
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.