Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > ... > ... > Gasóleo A automoción > Diesel e+10 > Sistema desactivador de metais

Proceso de oxidación del motor

¿POR QUE O DESACTIVADOR DE METAIS?

O gasóleo está habitualmente en contacto con superficies metálicas.
Os metais provocan a súa degradación, inician a oxidación e favorecen reaccións en cadea que finalizan en produtos insolúbeis, dando lugar a residuos e depósitos nocivos. Todo iso redunda nunha redución das prestacións do motor.

A solución a estes problemas radica en:

  • Evitar a formación e deposición de residuos mediante a utilización dun dispersante.
  • Anular o efecto que sobre a estabilidade do gasóleo teñen os metais mediante a utilización dun "desactivador de metais".
  • Manter a estabilidade do gasóleo e as súas propiedades.              

O desactivador de metais illa as partículas metálicas, anula a súa reactividade e evita a súa intervención nas reaccións de oxidación do gasóleo, que poderían provocar a formación de macro-residuos... Desta forma o proceso de inxección realízase de xeito óptimo, conservan o rendemento do motor e permiten manter as prestacións do vehículo durante máis tempo. 

Demostración interactiva


Partículas de combustible

VANTAXES DO DESACTIVADOR DE METAIS

Nos novos motores diésel o combustíbel está sometido a altas presións e temperaturas e nestas condicións pequenos factores poden desencadear unha aceleración de procesos de envellecemento tales como:

  • Entrada de lubricante ao combustíbel.
  • Aumento de partículas no combustíbel.
  • Inestabilidade do combustíbel (manter inalteradas as propiedades no tempo).
  • Presenza de metais.              

A solución a estes problemas non só é contar cun combustíbel libre de depósitos. Repsol YPF vai máis alá e incorpora un estabilizante de deseño propio (desactivador de metais) mediante o cal se logra inhibir todo proceso de formación de depósitos ante a presenza de metais no combustíbel, que poderían prexudicar o correcto funcionamento do motor.

O sistema desactivador de metais trae importantes beneficios ao motor, o que deriva nun correcto funcionamento deste.

Animación


ALGUNHAS DEMOSTRACIÓNS A TRAVÉS DE ENSAIOS DE LABORATORIO

Para poder demostrar as vantaxes que trae asociado a utilización do desactivador de metais, realizáronse algúns ensaios no laboratorio que confirman o anteriormente explicado. Decátate de cada un deles a través de imaxes e vídeos:

Ensaio: Estabilidade á oxidación en presenza de metais. Máis información

Ensaio: Estabilidade á luz. Máis información

Ensaio: Dupont. Máis información




Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.